08 mayo 2020

TANGRAM GATO

Ola chicas e chicos de Carrio!




 Imos coñecer un xogo moi divertido de orixe chinés que se chama TANGRAM.


O Tangram é fantástico para desenvolver a capacidade espacial, fomentar a creatividade tan importante nesta etapa e facilitar a memoria.

Se queredes ler máis sobre él AQUÍ vos deixo un enlace no que se explica por qué todos os nenos e nenas de Infantil deberían xogar cun tangram! 

Pero...vaiamos ao importante! Qué podemos facer con este xogo? Qué vos parece se o vedes a través dun conto narrado por min?
Atentos e atentas, comeza TANGRAM GATO!
Premede na imaxe!



Qué vos pareceu? Vos gustou o xogo do Tangram? Estou segura que sí! Así que vos propoño que teñades o voso propio xogo na casa para poder crear un montón de figuras e incluso inventar algunha historia con elas!

Para imprimilo podedes premer AQUÍ. Vos recomendo que o pintedes como máis vos guste e o peguedes en algo duro para que aguante máis ou se tedes a ocasión incluso as vosas familias volo plastifiquen!

Se vos apetece ter exemplos de figuras AQUÍ vos deixo outro enlace! 

E por último un vídeo con máis ideas divertidas para xogar a adeviñar qué animais se forman!




E como xa temos a fin de semana aquí vos propoño unha receta de cociña faciliña para facer en familia! 


BOLITAS DE CALABACÍN CRUJIENTES!
Bueno...estaredes pensando...ao meu non lle gusta o calabacín...jejeje
Quen di calabacín...di cenoria, champiñóns, berenxena...ou o que se vos ocorra! Podedes escribila e compartila cos amigos e amigas da escola!

Premede AQUÍ para ver a receta! 




Na páxina de PEQUERECETAS tedes moitas máis recetas para facer cos nenos e nenas!

E xa que falamos de ricos e sans vexetais por último vos deixo un xogo que mola moito! Preme enriba da imaxe!



Lembrade visitar os demáis blogues do CRA!

E hoxe como é venres estade atentos e atentas ao de Educación Física, que de seguro o profe Ricardo poñerá actividades moi divertidas!

Que teñades unha xenial fin de semana, disfrutade todo o que poidades nas vosas saídas se pode ser á natureza!

No hay comentarios: