Mostrando entradas con la etiqueta FLORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FLORES. Mostrar todas las entradas

12 mayo 2020

FLORES DOS MEUS AMORES

Bos días nenos e nenas de Carrio!
Sigamos dándolle cor á semana!



Hoxe vos traio unhas pequenas respiracións para momentos de nervios ou intranquilidade! Atentas e atentos!



Que tal vos atopades? Espero que xenial!!

Como estamos na primavera, hoxe imos experimentar coas flores! 



A quen lle gustan as flores? A min encántanme, teño unha favorita e está moi fermosa no meu xardín! A ver se sabedes como se chama... Cal é a vosa flor favorita?



Como ocorre cos paxaros, as flores tamén teñen o seu reloxo! 

Hai moitos, moitos anos, había un científico en Suecia que se chamaba Carl Von Linné. Era botánico, é dicir, estudaba as plantas.
Cada día observaba as horas nas que as flores abrían e volvían pechar. Grazas a estas observacións plantou un reloxo floral en forma de esfera no seu xardín.
Aquí o tedes.

Nel aparecen as flores que abren nas horas da mañá e pola tarde. Para elas hai uns amiguiños moi importantes: os insectos, pero deles hablaremos outro día! Queredes saber máis sobre este reloxo e qué flores o compoñen? Premede AQUÍ! Probade como Linné a observar as flores dos vosos xardíns e parques!

Ademáis, coas flores podemos facer moitísimas actividades divertidas e ademáis chulísimas. Hoxe quero propoñervos que se tedes a oportunidade recollades algunhas flores do voso xardín e se ides a pasear, as flores silvestres son maravillosas tamén.
Con elas poderedes facer algunhas das seguintes actividades! Atentos e atentas!

MANDALAS



Lembrade que podedes combinar as flores con outros elementos naturais como paus, pedriñas, follas, cunchas...

SERIES



PINCEIS 



Veredes qué obras de arte máis chulas saen!

FLORES XEADAS


Esta idea a explica fenomenal no seu blogue Mamá Poetisa. Emprega ás veces auga con colorante e sal, así se vai vendo como se derrete o xeo e saen as flores. Se pode facer con animais de xoguete, pedras, pequenos tesouros...

Tamén podedes imprimir e se podedes plastificar este xogo tan chulo que nos regala mimontessori para traballar a atención e a repetición de patróns establecidos. Se lle poñedes velcro, quedará fenomenal e poderedes xogar moitas veces!




E xa para rematar por hoxe vos deixo un xogo... de flores!Jejejeje! Divertídevos! Premede enriba da imaxe! Axudade a que medren as flores!



Lembrade visitar os demáis blogues do CRA.

Hoxe especialmente o de Música, que segurísimo a profe María vos ensinará cousas ben chulas!

Ademáis tedes o blogue de orientación, no que Lucía pon moitas reflexións e artigos interesantes para as familias! 
Se chama CON RUMBO!

Ata mañá!

16 julio 2018

NATURE

O ámbito natural ten unha gran importancia na nosa escola. Sempre estamos dialogando sobre o respecto por todo tipo de vida sexa vexetal ou animal. Por iso, xa dende principio de curso, todos os anos facemos unha serie de actividades relacionadas con este tema. Aquí tedes algunhas das que fixemos no último trimestre:


CHUCHERÍAS PARA PAXAROS
(Graciñas pola axuda, Eva)




REGAR A HORTA E AS PLANTAS DAS BOTAS E MACETAS

OBSERVAR E DISFRUTAR CUN NIÑO DE POMBA,LLE DEIXAMOS CHUCHES E ALPISTE




MIMAR AOS CARBALLOS E CASTIÑEIROS PRANTADOS POLOS INCENDIOS

COIDAR, RESPECTAR NA SÚA EVOLUCIÓN AOS VERMES DE SEDA
(Grazas ás familias de Uma e Carme por axudarnos)

MACETAS PERSONALIZADAS CON CACTUS






APRENDEMOS RECETAS DA NATUREZA
AS ALGAS




AS HERBAS AROMÁTICAS, MEDICINAIS E CULINARIAS




O DENTE DE LEÓN



OS MAIOS EN FAMILIA

Festexamos a chegada do mes das flores cun fermoso "maio" feito con moito cariño coa axuda dalgunhas familias e da profe Livia. Grazas!


Para ver máis fotos preme na foto do MAIO

Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.

Rosalía de Castro (1993), Follas Novas (Vigo: Galaxia)

08 junio 2017

AÍ VEU O MAIO!

Coa axuda das familias un ano mais vestimos ao Maio. Flores, xesta, fiuncho, ovos, laranxas...fixeron un vestido fermosísimo para darlle a benvida ao mes da cor.
Moitísimas grazas pola colaboración! Pasámolo xenial!

 Preme enriba da imaxe para ver o proceso!



Ah! E coas laranxas que sobraron...ZUME!!

12 noviembre 2012

17 octubre 2012

BULBOS DE OUTONO


 QUEREMOS TER FLORES NA PRIMAVERA!!

01 mayo 2012

LIRIOS







GRACIÑAS Á PROFE SILVIA, DE GUÍSAMO, POLO EXEMPLAR QUE NOS REGALOU!