Mostrando entradas con la etiqueta WALDORF. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta WALDORF. Mostrar todas las entradas

11 noviembre 2021

FESTA DO FAROL

Agora que os días de luz van a menos e que imos á parte escura do ano, queremos seguir mantendo esa luz interior que todos temos dentro e por iso o día 11 de novembro fixemos na escola a festa do farol.

Tivemos a visita de Raquel, a mamá de Sara, que quixo acompañarnos nesta festa tan especial. Grazas, Raquel!

Aquí tedes un resumo do especial que foi todo!

Grazas a todas as familias por levar esas luces iluminando os corazóns de todos os nenos e nenas!








13 diciembre 2020

CHEGA A RAÍÑA DO FRÍO CON ELFA

 Chegou o momento...

Marcharon o rei do Outono e os duendes xunto a Esquío a outros lugares... coas follas, as landras, as castañas...

E xa chegou a Raíña do Frío! 

Veu moi ben acompañada por paporroibos, os duendes do Inverno con esquís e o señor Oso...pero tamén por Elfa!

Elfa sempre aparece no Nadal. Ven para compartir connosco momentos fermosos e facer a conta atrás cando comeza o Advento. 

Este ano trae agasallos moi especiais!

Cada día temos que estar moi atentos e atentas porque lle gusta xogar ás agachadas para que a atopemos! Qué pillabana!

Benvidas e benvidos!

29 noviembre 2020

FESTA DO FAROL

 Neste mes de novembro festexamos na escola a fermosa FESTA DO FAROL, elaborando cada neno e nena o seu farol de modo artesanal.

Ademáis de aprender a canción tamén contamos o conto con teatrillo de mesa "A nena do farol".

Pasámolo moi ben pero o que máis nos gustou foi levar os farois para casa e poder pasear coa nosa familia sentindo esa calma interior dos días de Outono e cantando a canción. Preme AQUÍ para ver o vídeo.

Xenial, chicos e chicas de Carrio! Moitas grazas familias!




18 octubre 2020

BENVIDO, REI DO OUTONO

 Os ananiños que estuveron connosco dende que comezou a nova estación, lle deron a benvida ao Rei do Outono.

Agora marchan ata que comece a seguinte estación, o Inverno.

Pero non vos pensedes que marcharon sen máis! Había que ter un auténtico festín para darlle a benvida ao REI do OUTONO. Grazas aos alimentos que recolleron na colleita: figo, uvas, castaña, landra, kiwi, avelá, noz...


Benvido, señor Rei! 




Os nenos e nenas te reciben cun trono digno para ti.




04 enero 2019

IMPORTANCIA DO XOGO LIBRE


Aquí tedes unha mostra dalgúns dos momentos de xogo na escola. 
Preme AQUÍ para ver máis fotos!






29 octubre 2017