Mostrando entradas con la etiqueta EMOCIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EMOCIÓNS. Mostrar todas las entradas

25 mayo 2020

A MOCHILA INVISIBLE

Ola chicos e chicas de Carrio!
Como vos foi na fin de semana? 
Hoxe xa é luns!


 Tal e como vos dixen a semana pasada hoxe imos falar das nosas emocións e máis en concreto sobre a importancia e o poder das nosas palabras e as dos demáis.

Se as vosas familias vos preguntan ¿qué queres ser de maior?
seguramente responderedes:
astronauta, policía, bailarín, bombera, doutora, veterinario...
Pero 
deberíamos tamén responder...
SER FELIZ

Así que imos en diferentes entradas coñecer varias historias para potenciar a positividade e autoestima tan necesarias dende ben pequenos e pequenas! 
Imos coa primeira, collida do libro que vos acabo de amosar un pouco máis arriba!

Vos propoño que as vosas mochilas as enchades de pompas de xabón e non de pedras!
É moito máis guai!!! Mirade este artista facendo burbullas xigantes! 
Desexo que todos e todas teñades burbullas nas vosas mochilas así de grandes!


E aquí hai un reto que podedes intentar!


E para que as pedras non se metan nas mochilas de ninguén, vos propoño que busquedes algunhas nos vosos paseos ou se tedes na casa, mirade, aquí van duas ideas para que fagades con elas!



Ou simplemente podemos darlle cor para convertilas en burbullas como xa fixéchedes no cole algunha vez, lembrades?

Outra da proposta que vos fago 
en forma de xogo:
Cada un/unha de vós vai ter un amigo ou amiga do cole ao que lle vai adicar "palabras burbullas" que son as palabras bonitas, amables, divertidas e que nos fan rir e sentirnos ben. Eu tamén vou xogar con vós!
Aquí van os amigos e amigas que nos tocan a cada un: 

Comezamos!
 TEO a BRUNO, 
BRUNO a XABI, 
XABI a ANTÓN,
 ANTÓN a OLGA,
 OLGA a PAULA,
 PAULA a MIRIAM
MIRIAM a MANUEL 
MANUEL a IAGO
IAGO a ALEX
ALEX a GALILEA
GALILEA a LARA
LARA a AMAIA 
AMAIA a MATEO 
MATEO a XOEL
XOEL a SARA
SARA a AURORA 
AURORA SALETA
SALETA a TEO

Podemos facer un debuxo desa palabra burbulla, colorear, modelar algo con esa palabra, facer unha construcción, unha mandala...e sacarlle unha foto para que a vexamos. Tamén podedes grabar un pequeno audio ou vídeo! Pero se preferides aquí vos deixo unhas mochilas para que a decoredes como vos guste máis e lle escribades a palabra e o nome do amigo ou amiga á quen lla adicades!


Xa para rematar elexiremos unha canción para ese amigo ou amiga, podedes pasarme o título e eu a busco ou directamente o enlace! Imos encher as nosas mochilas invisibles con cousas bonitas!
 Eu vos dedico a todos e todas esta!

 E como onte estuvo de cumple a teacher Cova, aquí vai unha adicada para ela!
 Happy Birthday for you, Cova!
Non vos esquezades de visitar o seu blogue de English!


Lembrade visitar os demáis blogues do CRA e especialmente o de Orientación tamén!


Ata mañá!

09 febrero 2016

SEMANA DA PAZ

Este ano na escola estivemos festexando a Semana da Paz con moitas actividades.
"O monstruo de cores" foi o protagonista total! Este monstruo ten un lío coas súas emocións! Moitas veces estamos igual que él, verdade?
 
Coa profe Eva Corredoira fixemos unhas bolsiñas de sales de baño de cores que ulían xenial! Cada cor representa un estado de ánimo ou emoción: vermello- rabia, amarelo- alegría, azul- tristeza, verde- calma, negro- medo e rosa- amor. Cada vez que nos sintamos un pouco tristes ou enfadados...podemos botar unhas poucas na bañeira e nos volveremos verdes de calma por dentro!
 Tamén fixemos unhas "pulseiras da calma" para que nos momentos nos que estemos un pouco alterados poidamos voltar á tranquilidade...


 E chegou o gran día...estando nós cunha actividade de sentimentos e emocións...chegou ela! Unha pombiña da paz para liberar e repartir a paz e a bondad por Bergondo adiante! Pero tamén cantamos unha canción que nos ensinou a profe María en Música e fixemos unha videoconferencia con todas as demáis escolas do CRA!
 Que viva a paz!Preme na imaxe para ver as fotos!
http://photopeach.com/album/g75dmn

E como rematísimo final...os nosos frascos da calma! Ai...qué idea tan chuli verdade? Non son xoguetes...iso o sabemos moi ben, serán unha ferramenta máis para calmar a nosa ira cando esta apareza...
Click to play this Smilebox slideshow


Aquí tedes outra actividade semanal que estamos a facer todos os venres: Como me sinto hoxe? Preme na imaxe para ver as fotos!
http://photopeach.com/album/ac6jg5