Mostrando entradas con la etiqueta ESTACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESTACIÓNS. Mostrar todas las entradas

13 diciembre 2020

CHEGA A RAÍÑA DO FRÍO CON ELFA

 Chegou o momento...

Marcharon o rei do Outono e os duendes xunto a Esquío a outros lugares... coas follas, as landras, as castañas...

E xa chegou a Raíña do Frío! 

Veu moi ben acompañada por paporroibos, os duendes do Inverno con esquís e o señor Oso...pero tamén por Elfa!

Elfa sempre aparece no Nadal. Ven para compartir connosco momentos fermosos e facer a conta atrás cando comeza o Advento. 

Este ano trae agasallos moi especiais!

Cada día temos que estar moi atentos e atentas porque lle gusta xogar ás agachadas para que a atopemos! Qué pillabana!

Benvidas e benvidos!

27 septiembre 2013

ARCIMBOLDO...ESE INCRIBLE ARTISTA ITALIANO!

Este curso imos traballar o paso do tempo nas estacións cun personaxe moi especial...
(Preme enriba do nome para saber sobre a súa vida e obra)

Aquí temos as estacións de Giuseppe...

Hai outros artistas que admiran a súa traxectoria e quixeron facerlle unha homenaxe a este magnífico pintor.
Aquí tedes a Philip Haas, escultor americano que fixo as catro estacións en 3D. A exposición estuvo na cidade de Nova York durante unha tempada para que o público puidera admirala.
(Fonte: http://firstwefeast.com/eat/philip-hass-creates-gargantuan-head-sculptures-comprised-of-produce/)







(Fonte: youtube.com)

E nos quixemos facer algo parecido a estes artistas...mirade!