Mostrando entradas con la etiqueta SAMAIN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAMAIN. Mostrar todas las entradas

29 octubre 2021

SAMHAIN- SAMAÍN

 E chegamos a un dos momentos máis máxicos do ano...o Samhain.

O día 31 de outubro festexamos esta data para conmemorar o fin do verán. O noso Samaín provén dos nosos antepasados celtas. Os pobos celtas dominaron a maior parte do oeste e o centro de Europa durante o primeiro milenio antes de Cristo.

Eran uns pobos moi afoutos e guerreiros que, coa chegada desta noite máxica, celebraban unha gran festa para conmemorar o final da colleita e do verán, e dar a benvida ao Novo Ano Celta.

Era tempo de gardar provisións para o inverno. Os días ían ser máis curtos e as noites máis longas. Deste modo tallaban cabazas nas que metían candeas para dar luz esa noite.

Así quixemos facer na Escola de Carrio! Coñecer aspectos relacionados con esta festividade a través da experimentación e a vivenciación con cabazas e outras cousaaaaaaaas!! Arggg!

Ademáis viñemos moi elegantes para a ocasión...

Compartimos o último día con Ángeles, a mamá de Mateo, que veu a pasar a mañá con nós. Grazas por acompañarnos!

Aquí tedes un resumo!
















02 noviembre 2020

EXPERIENCIA DE OUTONO: CABAZAS

 Nestes días de Outono, hai un alimento vexetal que triunfa nas cociñas de moitas casas...a ver se acertades...seguro que sí! 

Moi ben, a cabaza!



Na escola quixemos facer actividades a partir deste vexetal, así que tivemos unha vez máis a sorte de contar coa axuda das familias traendo cabazas.

Aquí tedes o resumo de actividades que estivemos facendo!


Coñecendo as partes dunha cabaza, experimentando coas texturas e olores...


Adornando de modo libre as cabazas que cada un/unha trouxo da casa potenciando esa creatividade innata en cada un!











Artísticamente en papel, pintando, recortando ou picando unha cabaza e algunhas das suas partes e con gomets de cores!

10 noviembre 2016

MAGOSTO E SAMAÍN 2016

Este curso festexamos o MAGOSTO na Senra e mesmo parecía un día de verano! Tivemos unha actuación de teatro e comemos unha morea de castañas! Riquísimas!! Pasámolo xenial!
Click to play this Smilebox slideshow


Toda esa semana na escola tivemos expostas as cabazas que con tanto mimo e emoción fixeron os nenos e nenas na casa coa axuda das familias!Grazas por participar!

 

Clica dúas veces no vídeo para escoitar a música!
 

11 noviembre 2015

DIVERTIDO MAGOSTO E SAMAÍN 2015!

Este curso mirade se xa se nota que vai pasando... que xa festexamos o Magosto e o Samaín en Carrio.
Fixemos diferentes actividades terroríficamente chachis!

As familias participaron nuns Obradoiros Artísticos de adorno de cabazas ben divertidas! As landras, castañas e distintos elementos ornamentais fixeron as delicias de nenos/as creando libremente cada un o seu colar de zonchos, recuperando deste xeito unha tradición moi fermosa e arraigada no Concello de Bergondo. As follas tamén tiveron o seu papel protagonista como non podía ser doutro xeito no noso Proxecto sobre os Bosques.Mil grazas por acompañarnos!
Click to play this Smilebox slideshow


Os monstruos, as bruxas, as pantasmas e incluso as arañas e os gatiños quixeron visitar a nosa escola para pasar unha divertida semana xunto coas cabazas magosteiras!A ver se recoñecedes a estes bruxos e bruxas...e tede coidado coas súas pócimas... pois unha vez que os tratedes...quedaredes "encantados" para sempre polo feitizo do amor!







Ademáis como todos os anos fixemos a nosa particular visita Á Senra para festexar o Magosto, ver unha obra de teatro ben divertida titulada "O lobo bobo" e visitar a exposición de cabazas do cole dos maiores. No Magosto contamos coa colaboración especial de María José, avoa de Mateo que fixo de castañeira asando os froitos típicos do día!








30 octubre 2013

BO SAMAÍN/HALLOWEEN!

MAÑÁ DÍA 30 DE OUTUBRO...
TEREMOS FESTA RACHADA EN BERGONDO!
VISITAREMOS A EXPOSICIÓN DE CABAZAS DO CPI CRUZ DO SAR, COMEREMOS CASTAÑAS FESTEXANDO ASÍ O MAGOSTO 2013 E ESCACHAREMOS DA RISA COS CONTOS NO EDIFICIO DA SENRA!

PERO ESTES DÍAS XA ESTIVEMOS FESTEXANDO O SAMAÍN NA ESCOLA DE CARRIO...MIRADE ESTE VÍDEO SE SODES VALIENTES! JAJAJAJAJA!!





07 noviembre 2012

SAMAÍN E MAGOSTO 2012


Aquí vos deixamos a reportaxe da nosa andaina no "cole dos maiores" cando a semana pasada fomos convidados a ver a súa exposicion de cabazas. Tamén asistimos no edificio da Senra a un espectáculo ben divertido. Finalmente comemos castañas feitas por un amigo bergondés que estaban...boísimas! Rematamos a festa xogando e gozando no parque infantil municipal de Santa Marta!!
"XA CHEGOU O MAGOSTO
QUE VIVA A FESTA RACHADA
OS MENIÑOS DO CRA DE BERGONDO
TIVERON O MARTES PASADO
CASTAÑADA!!!"