Mostrando entradas con la etiqueta MAXIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAXIA. Mostrar todas las entradas

13 diciembre 2020

CHEGA A RAÍÑA DO FRÍO CON ELFA

 Chegou o momento...

Marcharon o rei do Outono e os duendes xunto a Esquío a outros lugares... coas follas, as landras, as castañas...

E xa chegou a Raíña do Frío! 

Veu moi ben acompañada por paporroibos, os duendes do Inverno con esquís e o señor Oso...pero tamén por Elfa!

Elfa sempre aparece no Nadal. Ven para compartir connosco momentos fermosos e facer a conta atrás cando comeza o Advento. 

Este ano trae agasallos moi especiais!

Cada día temos que estar moi atentos e atentas porque lle gusta xogar ás agachadas para que a atopemos! Qué pillabana!

Benvidas e benvidos!

14 octubre 2018

SAN XOAN

Para a noite máis máxica do ano quixemos facer o noso particular ritual con flores silvestres.
En círculo, xuntas e xuntos pedimos o noso desexo ao ritmo da música.
Que viva a noite máxica, que viva a noite de San Xoan!



Para ver máis fotos preme nesta última imaxe!