Mostrando entradas con la etiqueta INDIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INDIA. Mostrar todas las entradas

23 diciembre 2012

MARCHAMOS DA INDIA PERO MOI SATISFEITOS! SHUKRIYA!


Este mércores tivemos unha visita moi especial. Primeiro veu Ana, a nai de Paco, para ensinarnos cómo se coloca o DHOTI, traxe típico dos homes na India. Tamén nos trouxo paz e harmonía cunha lámpara de aceite e unhas velas aromáticas, e por suposto non faltou o agradable incienso.
Ensinounos fotografías da viaxe que fixo á India no ano 2005, fermosa experiencia.


 Preme enriba desta imaxe para ver como se coloca un dhoti

Pero non rematou aí a nosa mañá hindú...A continuación tivemos a sorte de contar con dúas personas representantes na Coruña da Fundación Vicente Ferrer. Podedes obter máis información se premedes no seguinte enlace: FUNDACIÓN VICENTE FERRER


 Yolanda Ferrer e o seu marido, compartiron con nós experiencias da vida de moitos nenos e nenas hindús, aos que a fundación lles axuda para ter unha vida mellor. 
Contamos coa colaboración da profe Marisol, que vestiu o sari que trouxo Yolanda, con moito estilo e que lle quedaba fermosísimo. Como se de unha muller hindú se tratara...guspísima, Marisol!!




Quero dar as grazas a todos eles pola súa colaboración e por compartir o seu tempo con todos os nenos da escola de Carrio. É unha experiencia que non esqueceremos."Shukriya..."


Preme enriba desta imaxe para ver o vídeo! Disfruta!
             

19 diciembre 2012

INDIA É...FASCINANTE

A semana pasada fixemos moitas actividades relacionadas coa India. Porque...por máis que teñamos que coller o avión e continuar viaxando con Madlenka polo mundo...NON QUEREMOS ABANDONAR ESTE PAÍS!! Parécenos fascinante e estamos a aprender moitas cousas sobre él.

Aldán trouxo moitas especias á clase: canela, pementa negra e branca, curry, pementón, nuez moscada, comino, cardamomo...así como arroz e té. Isa, a súa nai, mestra da cociña... deleitounos cunhas marmeladas caseiras boísimas de tomate con canela, laranxa e nuez moscada e tomate e cardamomo. Moitas grazas, Isa!!
Paco á súa vez, trouxo varios libros sobre India, entre os cales puidemos ver algúns relacionados coa cociña hindú.
Ademáis de todo isto...coñecimos unha festa moi fermosa: o HOLI OU FESTA DAS CORES!!
 Mirade que ben o pasan! Este vídeo sacámolo do youtube.com!



Ademáis tamén aprendemos moitas, moitísimas cousas sobre a vestimenta dos homes e mulleres hindús.
O sari e o dhoti son os traxes típicos, pero como lles gusta moito encherse de cores e brillos...adornan as mans con debuxos e ademáis levan unha marca na frente dependendo se son mulleres que se chama bindi ou se son homes, tilaka. Mirade este vídeo, xa veredes qué guapos estamos e todo o que traballamos!!(Preme enriba da imaxe)



Ademáis, Mónica, a nai de Lola, compañeira da clase das Xoaniñas, veu a ensinarnos como se coloca o sari!! Mirade que ben o explicou e cantas cousas máis aprendemos! As rupias, o incienso, os tapices, os elefantes...Moitas grazas, Mónica!!

Aprende como se coloca o sari con Mónica!

02 diciembre 2012

SHUKRIYA...A TODOS (Grazas a todos)

Seguimos aprendendo cousas sobre INDIA...
Shukriya a todos e todas pola axuda e colaboración!!


QUE APRENDEMOS XA DA INDIA??
- A bandeira da India, tamén é coñecida como tiranga,  que significa tricolor. As súas tonalidades son laranxa, branco e verde. Ten unha roda no medio con 24 espacios que simbolizan as 24 horas do día e é coñecida como a roda da xustiza.
- A vaca é sagrada, respétana e a deixan deambular por rúas como se de campos se tratara.
- O elefante é venerado e respectado. Hai unha festa que lle dedican a este animal, na que os adornan e visten para a ocasión con cores brillantes e fermosas. Os elefantes coa trompa para arriba...dan boa sorte!
- O incienso é unha preparación de resinas aromáticas vexetais ás que se lle engaden aceites para que ao arder desprenda un cheiro perfumado.
- As rupias son as moedas e billetes que empregan para pagar, mercar...
- O Taj Mahal é un templo que foi construido por amor. Mandouno facer o emperador Shah Jahan na cidade de Agra, cando a súa esposa preferida Mumtaz Mahal faleceu. Quería lembrala para sempre e decidiu facer esa construcción para albergar a súa tumba.
- As mandalas, dentro das múltiples técnicas orientales de relaxación, atópase a de pintar mandalas.
- O Himalaya é a cadena montañosa máis alta do mundo, con cimas altísimas! Ocupa territorios da India, Nepal e China.
- O sari e o dhoti, son as roupas coas que visten os hindús, a muller e o home, respectivamente.
- A meditación, os bindis e tilakas, os animales típicos da india...QUEDA MOITO AINDA POR APRENDER!!
Este país é...FASCINANTE.






27 noviembre 2012

NAMASTÉ...VACAS SAGRADAS

FONTE: YOUTUBE.COM
LEMBRAMOS ESTE VÍDEO DO CURSO PASADO QUE NOS GUSTA MOITO PARA RELAXARNOS. O TEMA VAI DE VACAS!!! MUUUUUUUUUUUUUUUUUUUU!!!

AS VACAS NA INDIA SON SAGRADÍSIMAS!!
DE FEITO SE IMOS Á INDIA PODEMOS TER PROBLEMAS SE NON AS RESPECTAMOS. SON VENERADAS E ADORADAS E CAMPAN AS SÚAS ANCHAS POLAS RÚAS COMA SE DE PRADOS AQUÍ EN GALICIA SE TRATARAN!!!


FONTE: YOUTUBE.COM

HAI ARTISTAS QUE PINTAN E DECORAN VACAS. PERTENCEN AO MOVEMENTO COWPARADE, QUE VISITA MOITOS LUGARES DO MUNDO E NO ANO 2009 ESTIVO EN MADRID!!
PREME AQUÍ PARA SABER MÁIS!

NÓS TAMÉN QUIXEMOS DECORAR AS NOSAS VACAS SAGRADAS...MIRADE, MIRADE!!

PREME DÚAS VECES ENRIBA DO VÍDEO PARA ESCOITAR A MÚSICA!!