Mostrando entradas con la etiqueta FAMILIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FAMILIAS. Mostrar todas las entradas

10 enero 2022

VENRES EN FAMILIA

 Na nosa escola durante moitos cursos fixemos obradoiros coa colaboración e participación das familias que así o desexaran. Era xenial poder contar coa vosa presencia!!

Levamos varios cursos sen poder facelos. Este curso quixen retomar estes obradoiros pero cumplindo coas medidas que dende a Consellería anunciaron no protocolo Covid.

No primeiro trimestre fixemos 5 obradoiros que foron ou ben propostos pola familia que ese día viñera ou pola escola.

Aquí tedes o resumo, gracias familias, sempre é moi divertido contar coa vosa axuda!

CONTACONTOS COCORICO, FAMILIA DE ANXO





PLANTAMOS TULIPANES, FAMILIA DE LUCAS




YOGA, FAMILIA DE URIEL





EXPERIMENTACIÓN SENSORIAL, FAMILIA DE NEREA E BRAIS





REUTILIZAMOS COA NATUREZA, FAMILIA DE ASIA





26 mayo 2020

VIAXAR SOÑANDO

Bos días chicas e chicos de Carrio!
Xa estamos a Martes! 


Cando eu era pequena me gustaba moito coller a bola do mundo e buscar lugares onde viaxar! Pois hoxe imos falar dunha maneira 
de viaxar moi guai! 

Hai persoas e familias enteiras que deciden deixar temporalmente a súa vida e cambiala para viaxar arredor do mundo.
Vouvos falar de 3 medios de transporte empregados por eles:
- BICICLETA
- COCHE ANTIGUO
- VELERO

Elexide un e disfrutade vendo como o pasaron e canto aprenderon!
Aquí van, volos presento a todos!
(Se se animan a ver os tres fenomenal pero igual todos xuntos se cansan, poderían visionalos noutros días)

1. BICICLETA: Vos presento a Óscar e Blanca, de Vivir en Ruta, unha parella que leva viaxando dende hai 3 anos polo mundo adiante...EN BICICLETA! 
Decidiron comezar esta aventura para recaudar cartos para axudar en proxectos solidarios, tanto para humanos como para animais. Aquí os tedes viaxando por África durante 9 meses!! O que estuveron os bebés de Carrio nas barrigas!!



2. COCHE ANTIGUO: Vos presento á familia ZAPP formada por Herman e Cande e os seus catro fillos, Pampa, Tehue, Huyaa Paloma e Wallaby.
Comezaron a viaxar no ano 2000 nun coche antiguo e todos os seus fillos naceron en diferentes países!



3.- VELERO: Aquí tedes estoutra familia composta por María, Jorge e as súas duas fillas chamadas Sara e Mía que decidiron viaxar nada máis e nada menos que en...VELERO!!



Qué vos pareceron? Que medio de transporte vos gusta máis? Vos atreveríades a facer o mesmo?

Hai varios anos na escola de Carrio tivemos a sorte de ter como convidado a un home que facía o mesmo que Óscar e Blanca. Se chama Martin e viaxa co seu inseparable amigo Starsky, un can adoptado en Portugal, recollendo lixo dos lugares que visita e concienciando á xente para que sexa máis respectuosa coa natureza.
Se queres lembrar ou ver o seu paso pola nosa escola podes premer enriba da foto!


Pois a miña proposta para hoxe é a seguinte!
Xa que imos tardar algo máis do que nos gustaría en poder viaxar de verdade o imos facer de modo virtual pero con BILLETE DE AVIÓN, PREME AQUÍ!
Elexide:

1. Lugar 
2.Día
3.Hora
4.Compañía
Non esquezades poñer o voso nome!

E listo! Xa teredes o voso billete de avión preparado! Podedes sacarvos unha foto!
Aquí tedes o meu, xa estou preparada para irme a...INDIA!



É que me encantaría revivir o HOLI! 


Isto é todo por hoxe!
Lembrade visitar os demáis blogues do CRA.
Hoxe especialmente o de Música, seguro que María segue a poñer actividades moi chulas!

Ata mañá!




13 enero 2019

OBRADOIRO DE COCIÑA



Moitas grazas ás familias por acompañarnos!
Preme enriba da imaxe para ver máis fotos!

A NOSA ÁRBORE XENEALÓXICA


Preme na imaxe para ver máis fotos!

A nosa familia, os nosos ancentros...Todos estamos conectados.


 “Desde hace poco más de 200 años se ha producido una combinación única entre 1.022 personas que a lo largo de las décadas se fueron conociendo y relacionando de tal manera, que la conjugación azarosa y espontánea de estos 1.044.484 vectores posibles dieron como resultado a la persona que eres hoy.
Si tan solo uno de esos vectores hubiera cambiado por el más insignificante motivo (un rechazo, un viaje, un malentendido, etc.), hoy tú NO serías tú, sino otra persona completamente diferente.
Si extrapolas este concepto a siete siglos hacia atrás, terminarás dándote cuenta de que eres familiar de todo el mundo”.




OBRADOIRO DA LUZ


Moitas grazas ás familias que nos acompañaron!
Preme na imaxe para ver máis fotos!

OBRADOIRO DE PLANTAS E MANDALA DE OUTONO


Moitas grazas ás familias que nos acompañaron!

Preme na imaxe para ver moitas máis fotos!

14 octubre 2018

GALEGOS NO MUNDO: CAMBOIA

Enma e Iago son os tíos de Martín e visitaron Camboia.




Alí nos ensinaron que comer insectos como as formigas é normal.

Tamén ver vacas polas carreteras, son respectadas e veneradas.

Visitaron a casa típica dun camboiano coñecendo deste modo as súas costumes e comendo así do mesmo modo que eles.

Un medio de transporte moi típico que empregaron son os coñecidos tuk tuk pero tamén as motos para trasladarse.


Visitaron unha escola e nos ensinaron unha das aulas. Ainda que vimos que non se parecía á nosa si que comprobamos que tamén lles gusta colgar cousas do teito como a nós!



Tamén vimos aos nenos xogando no seu patio!


Aquí temos un quiosco típico camboian!


Os templos son unhas construccións típicas dos países orientais e como non podía ser doutro xeito en Camboia hai moitísimos e cheos de figuras de Budas. Se chaman pagodas, templetes e columbarios segundo sexa a súa utilidade. O máis importante é o de Angkor Wat.



Angkor Wat - Wikipedia



Moitísimas grazas a Enma e Iago, disfrutamos moito da vosa viaxe por Camboia!!

FIN DE CURSO








Preme AQUÍ para ver moitas máis fotos!


YOGA CON ANUK

Tivemos a gran sorte de ter a visita de Anuk Leandro, mestra de kundalini yoga e meditación e da que a profe Saleta é alumna.
É moi importante que se aprenda sobre estes aspectos dende idades moi temperás pois por desgraza o nivel de estrés que hai nas nosas vidas afecta aos máis pequenos e pequenas.
Basta co exemplo: que elas e eles vexan que grazas a aprender a respirar poden calmarse en momentos de nerviosismo ou que comprendan que é importante ter a atención plena en cada cousa que facemos para non embarullarnos.
Sat Nam Anuk e familias por ter compartido con nós esta experiencia tan gratificante.



Preme nesta imaxe para ver máis fotos.

CONTACONTOS E OBRADOIRO EN FAMILIA

Presentamos nesta entradiña a algunhas das familias que puideron vir á escola a compartir parte do seu tempo contando historias, cantando, facendo música...
MOITAS GRAAAAAZAS!!! Pasámolo xenial!

 FAMILIA DE CARME


 FAMILIA DE MARTINA


 FAMILIA DE CARLOS

Tamén fixemos un OBRADOIRO DE CONTOS no que participaron conxuntamente as nenas e nenos coas familias para a creación de contos. Quedaron historias xeniais! Grazas por axudarnos!


Preme enriba desta imaxe para ver máis!