Mostrando entradas con la etiqueta ORTIGUEIRA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ORTIGUEIRA. Mostrar todas las entradas

05 julio 2015

TRABALLAMOS E APRENDEMOS ATA O FINAL!

AS BOLSAS PARA OS TRABALLOS DO 3º TRIMESTRE




HERBAS AROMÁTICAS

OS MAIOS


31 mayo 2015

MÁIS ORTIGUEIRA!

Rematando xa o traballo sobre o Porto de Ortigueira e os seus arredores non podemos deixar de lado un dos acontecementos máis importantes que teñen lugar nesta vila mariñeira: O Festival Celta de Ortigueira. Ten lugar todos os anos dende 1978. Se queredes máis información podedes premer nesta foto.
Se queredes ir este ano as datas de festexo son o 16, 17, 18 e 19 de xullo! Animádevos!

Na Serra da Capelada están os cantís máis altos de Europa!
E ademáis un montón de cabalos e vacas que...atención! Andan ceibes polos montes e unha vez ao ano recollen para a coñecida como "Rapa das Bestas" na que lle cortan a crin e marcan aos máis novos.

Como xa comentamos noutra entrada o escudo da vila de Ortigueira ven definido na wikipedia...
En campo de ouro, tres rochas (aguillóns) sobre ondas de 

prata e azur,sumadas de tres matas de estruga de sinople 

de sete follas timbrado de coroa real pechada.
Pois ben...nos quixemos facer o noso propio escudo...veredes os resultados...!

Non podía faltar cando se trata do Ortegal, nomear dous lugares imprescindibles para visitar como son o CABO ORTEGAL e ESTACA DE BARES, tamén o hotel onde podes durmir.



E como nos imos de esquecer de visitar San Andrés de Teixido..."que se non vas de morto vas de vivo". A profe Isa nos trouxo da súa excursión pola zona varios agasallos, entre eles a famosa "herba de namorar" e os amuletos do santo. Veredes qué chulos están a quedar os que fixemos de arxila de cores...



Todo isto quixemos plasmalo de modo que de darse o caso que visitáramos Ortigueira saibamos que existen puntos importantes e destacados e que vale moito a pena coñecelos. Animádevos! A Comarca Secreta vos espera! Galicia é maxica...

Click to play this Smilebox slideshow


11 mayo 2015

ORTIGUEIRA, A COMARCA SECRETA!

Coa tripulación ao completo embarcámonos nunha nova aventura por un dos lugares máis fermoso de Galicia! 

No proxecto conxunto co CPI Cruz do Sar, este ano imos traballar os portos da provincia da Coruña e nós eleximos...ORTIGUEIRA! 

A comarca de Ortegal é coñecida como a "comarca secreta" xa que agocha lugares máxicos cheos de recunchos inimaxinables.

Entre as cousas que estamos a aprender sobre este lugar, ademáis de coñecer como é o seu porto e a propia vila de Ortigueira, localizándoa no mapa de Galicia, sabemos que as súas augas son o resultado da unión de dous mares, o inmenso océano Atlántico e o incrible mar Cantábrico.

Outra das peculiaridades que podemos ver nas costas de Ortigueira, son os traballos que levan a cabo as famosas "algueiras", mulleres de todas as idades que recollen dende hai moito tempo algas, nas costas da zona de Loiba, con cantís moi pronunciados e praias inmensas.Teñen en conta as mareas lunares para baixar aos areais e arrincar os preciados vexetais vermellos para encher sacos e sacos que máis tarde coa axuda de varios burros suben por camiños moi arriscados ata que chegan a unha zona plana onde os espera un tractor. Este vídeo o explica moi ben.






E por último tamén coñecimos a un amigo ben divertido que anda polas rúas de Espasante, o porco Antón! Campa ás súas anchas por aló onde quere e onde máis lle gusta estar é na praia, se cadra tomando o sol!