Mostrando entradas con la etiqueta GALEGOS NO MUNDO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GALEGOS NO MUNDO. Mostrar todas las entradas

04 enero 2019

GALEGOS NO MUNDO: XAPÓN

Saleta ten outro amigo ao que lle gusta viaxar moito e entre outros países visitou Xapón. Vos presento a Fito.

Neste gran país hai un monte moi importante, o monte Fuji. As vistas dende o teleférico...impresionantes!


En Xapón son moi famosos os trens bala que poden acadar moitísimos kilómetros á hora! Xa o di o nome...van coma unha bala!


Os cervos son animais sagrados e como tal están preto dos templos e podes achegarte a eles porque son moi confiados e pacíficos.



Cando dicimos que os xaponeses despuntan en tecnoloxía non mentimos. Aquí Fito sacou esta foto no centro da tecnoloxía, Akihabara. Mirade qué cantidade de edificios con anuncios tecnolóxicos!


E qué dicides de este enorme paso de peóns? Fito cruzou por él e nos contou que se atopa no barrio de Shibuya.


E como Xapón é un país de constrastes, mirade un TORII, arco tradicional que separa os lugares sagrados do resto.



E non podía rematar a nosa viaxe fugaz por Xapón sen coñecer os debuxos tradicionais do lugar, o manga.


 Moitas grazas Fito por todas as cousas que nos ensinaches de Xapón!

14 octubre 2018

GALEGOS NO MUNDO: CAMBOIA

Enma e Iago son os tíos de Martín e visitaron Camboia.




Alí nos ensinaron que comer insectos como as formigas é normal.

Tamén ver vacas polas carreteras, son respectadas e veneradas.

Visitaron a casa típica dun camboiano coñecendo deste modo as súas costumes e comendo así do mesmo modo que eles.

Un medio de transporte moi típico que empregaron son os coñecidos tuk tuk pero tamén as motos para trasladarse.


Visitaron unha escola e nos ensinaron unha das aulas. Ainda que vimos que non se parecía á nosa si que comprobamos que tamén lles gusta colgar cousas do teito como a nós!



Tamén vimos aos nenos xogando no seu patio!


Aquí temos un quiosco típico camboian!


Os templos son unhas construccións típicas dos países orientais e como non podía ser doutro xeito en Camboia hai moitísimos e cheos de figuras de Budas. Se chaman pagodas, templetes e columbarios segundo sexa a súa utilidade. O máis importante é o de Angkor Wat.



Angkor Wat - Wikipedia



Moitísimas grazas a Enma e Iago, disfrutamos moito da vosa viaxe por Camboia!!

GALEGOS NO MUNDO: ÁFRICA, RUTA DO OKAVANGO

Jimmy é un amigo de Saleta ao que lle encanta viaxar e co que compartimos un día xenial na escola de Carrio. 



Entre as espectaculares viaxes que fixo quixo compartir connosco unha moi especial ao continente africano contándonos a ruta do Okavango.



Sudáfrica, Namibia, Botsuana, Zambia...son algúns dos países que visitou nesta aventura.


Falounos de Nelson Mandela, activista e político que loitou polos dereitos humanos e foi unha persoa importante na historia de África.

DESCORTINAMENTO MENTAL: 46664 - Prisioneiro da Paz ...

Tamén nos contou varias costumes de duas tribus importantes africanas como son os himba e os bosquimanos.

LUIS LÓPEZ PUNTO COM: ÁFRICA AUSTRAL 2016: Poblado himba ...


Los números deben de estar locos - Cuaderno de Cultura ...

O deserto de Namibia é espectacular!


E alucinamos cos animais tan fermosos que puido contemplar, libres e salvaxes, como debería de ser sempre.


Ata estuvo en lugares onde hai tiburóns e pingüins!




Moitísimas grazas Jimmy, pasámolo xenial contigo e aprendimos un montonazo!!


GALEGOS NO MUNDO: MYANMAR

Arturo é un amigo de Martín que viaxou a Myanmar a antiga Birmania e nos enviou un montón de vídeos sobre costumes e distintas tradicións que teñen alí.




Coñecimos que alí levan unha roupa típica chamada longyi 


Algunhas persoas pintan a cara cunha pasta que fan coa raíz dunha árbore chamada tanaka que lles serve como protector para o sol.

Il paese dalle mille Pagode – Myanmar 2013


Hai un deporte, o chinlone, no que se van pasando a pelota en forma de círculo e vimos a uns nenos dunha escola xogando.


Hai un montón de pagodas onde se lle rinde culto aos budas.

File:Pagodas (Birmania).jpg - Wikimedia Commons



Fermoso país, grazas Arturo por ensinárnolo!

GALEGOS NO MUNDO: BORNEO

Unha vez máis recibimos noticias dalgún galego nalgunha parte do mundo. Desta vez Carmela, a curmá de Saleta estaba viaxando por Borneo e acordouse das nenas e nenos de Carrio.

Ensinounos como mercan e venden alí nos chamados mercados flotantes, sendo case sempre mulleres as que navegan nas súas barcas ofrecendo productos como ovos, flores, artesanía, froita...

Viven en casas de madeira e levan uns sombreiros feitos con follas de palma.


Tamén nos amosou que en Borneo hai un lugar onde habitan uns animais que están en perigo pola tala masiva das árbores onde eles viven: os orangutanes. Un destes lugares onde conservan e loitan por defender e coidalos  é Tanjung Puting, onde rehabilitan a exemplares rescatados.
Tanjung Puting NP 22 | Sandra Vallaure | Flickr


Tanjung Puting-67 | Gemma i Jere | Flickr

Orangutanes en el Parque Nacional Tanjung Puting ...

Moitas grazas Carmela por amosarnos un anaquiño deste lugar tan espectacular!