Mostrando entradas con la etiqueta MAR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAR. Mostrar todas las entradas

06 febrero 2021

MÁIS AUGA

O segundo reto ou consigna para facer en familia era coñecer que a auga está presente en moitos lugares ao noso arredor: nos ríos, mares e océanos, nas rías, lagoas, lagos...

Coñecimos a existencia dalgúns incluso...visitándoos!

Moitísimas grazas a todas as familias por enviar os vídeos!

 Gústalles moito explicalos!

MATEO NO RÍO EUME

ARES NA PRAIA DE MIÑO E NA RUTA DOS SETE MUÍÑOS (GUITIRIZ)



SARA NA PRAIA DE SADA 


PAULA NA PRAIA DO PEDRIDO, RÍA DE BETANZOS


ADRIÁN NA FERVENZA DO ÉZARO


TEO NO RÍO CALLOU (BERGONDO)


SALETA NO RÍO MANDEO


Ademáis de escoitar as explicacións sobre onde están estes lugares, tamén aprendemos que a auga que levan é vida para moitos animais e plantas como no caso das troitas, salmóns, salgueiros, castiñeiros...nos ríos e as ameixas, os calamares, as algas ou os polbos...nas rías.

 Seguimos co proxecto sobre a Auga e desta vez se trata de facer experimentos para coñecer os estados nos que podemos atopar a auga!

Ata a seguinte!

08 junio 2020

FELIZ DÍA DOS OCÉANOS!

Bos días chicos e chicas de Carrio!!
Hoxe é 8 de xuño e se festexa o Día Mundial dos Océanos!

Dende o espazo...de qué cor pensades que se ve o planeta Terra? 



Vese todo azul! Porque os mares e océanos cubren máis da metade do planeta e son fundamentais para o desenvolvemento de todos os seres vivos!


Como xa vimos hai unha semana temos que protexer os nosos océanos. Por certo...sabedes cantos océanos hai? Nesta canción volo ensinan con moito ritmo!

 A ver se os aprendedes!


Qué maravilla poder ter o mar tan cerquiña de nós, verdade?
Pero unha cousa...sabedes por qué o mar é salgado? Hai unha lenda europea por aí que di...
Mira o vídeo!


As lendas son eso...lendas, contos...
En realidade é porque a chuvia e a agua dos ríos erosionan rochas que son transportadas cara os mares e os minerais que teñen esas rochas rematan no mar, entre eles o cloruro de sodio, a sal.

Pois eu coñezo xente á que lle importa o medio ambiente e recolle lixo do mar para convertelo en...ROUPA!!

Por exemplo, as redes de pesca que quedan nos mares as recollen e fan pantalones!
Mirade, mirade!!


Mirade canto tempo tardan en desaparecer algunhas das cousas que tiramos ao medio ambiente!


Isto non parece importarlle a Gárgamel...
Imprimide este comic tan divertido e aprendede cos Pitufos!



Estoutras persoas tamén limpan as praias de moitas zonas da Coruña e recollen lixo que logo converten en obxectos de decoración para denunciar que os mares están moi sucios pola nosa culpa. Chegaron a atopar lixo de Canadá ou Xapón! 
Son os chicos e chicas de... 
RETOQUE RETRO
e
  MAR DE FÁBULA!

Se queredes ver máis exemplos de obxectos premede nos nomes das asociacións!

Pois eu vos propoño reciclar algo que teñades na casa para facer un xoguete ou obxecto para agasallar. Vos dou ideas!
- Cartones, envases de plástico, madeiras...
- Chapas, tapóns, tapas...
- Botes ou botellas de plástico
- Xornais ou revistas
- Caixas de cartón
- Tetrabricks
- Teas...



Tamén podedes rodear ou colorear o que non ten que estar nesta praia! Incluso se vos apetece escribir os nomes e numeralos!

Pero vos sabedes que cando hai un problema no mar hai unhas persoas encargadas de axudar á xente que o precisa?? Igual que na terra nos axuda PROTECCIÓN CIVIL, no mar se encargan os amigos de SALVAMENTO MARÍTIMO! Son os rescatadores do mar!



Por outro lado hai persoas que estudan os océanos e viaxan en barcos a moitos lugares para coñecer datos sobre como se atopan os mares de saúde e os animais e plantas que os habitan. Son os EXPLORADORES DO MAR ou OCEONÓGRAFOS!
Podedes colorear este barco oceonográfico, elexir a qué océano viaxa e inventar un nome para a expedición!

Un home que dedicou a sua vida a estudar os mares foi JACQUES COUSTEAU. Aquí tedes un capítulo dos Lunnis para que o coñezades mellor!


e unha canción moi pegadiza!





E para os días de moito estrés...se vos apetece relaxarvos un ratiño...pechade os ollos e imaxinade que estades na vosa praia favorita!


Isto é todo por hoxe! Pero non me esquezo de deixarvos o vídeo de todos os traballos e diversión que me enviáchedes! Grazas, grazas, graaaaaazas!! 

Ao final da semana vai outro!


Lembrade visitar os demáis blogues do CRA. Especialmente hoxe o de English e Orientación, por ser luns!
Ata mañá!

01 junio 2020

OS MARES DA TERRA

Bos días chicos e chicas de Carrio!
Chegamos ao mes de xuño!
Qué tal foi a finde "acuática"? 
Xa vin que o pasáchedes fenomenal!

Agora que comezamos este mes que ten duas estacións... parece 
que apetece falar do mar! 
O vindeiro luns 8 de xuño se festexa o Día Mundial dos Océanos.

Qué sorte tedes en Bergondo!
Podedes ver a praia de Gandarío sen movervos da casa e así saber se hai sitio ou se cadra... como está a marea!
Queredes saber como? 
Premede enriba da imaxe!


Pero o que verdaderamente é xenial é poder vela de verdade e poder tocar a auga e a area. Por iso temos que manter entre todos e todas as praias limpas de lixo.
Porque hai moitos anos ocurriu un accidente horrible nas nosas costas.
Volo conto neste vídeo co libro "NUNCA MÁIS" A ollada da infancia da Ed. Kalandraka


Nestoutro vídeo, aparecen os voluntarios que axudaron a limpar. 
Mirade cómo estaba todo!



 Outro problema grandísimo para os nosos mares son os plásticos. Milleiros de animais morren cada día por culpa de quedar atrapados en bolsas, arandelas, redes...ou por alimentarse dos mesmos crendo que é comida.
Aquí tedes a uns chicos que salvaron a unha familia enteira de tartarugas marinas!


Pero non imos falar soamente de cousas tristes! Porque os mares e océanos da Terra teñen milleiros de cousas positivas e que nos fan ser felices!

Qué tal se facemos algo de deporte acuático? 
Cal é o voso favorito?
- Surf
- Vela
- Remo
- Piragüismo
- Esquí acuático
- Buceo...
Na miña casa gaña o surf sen dúbida! Igual xa sabedes que Israel é surfista, fillo da marea, como él dí! Jeje

Vos propoño a seguinte actividade:
- que elixades o voso deporte acuático favorito 
- onde practicalo (nunha praia que vos guste)
-con quen (un amigo ou amiga)
-e salvar un animal marino que esté en perigo

 Podedes facer un debuxo, escribir a historia... ou simplemente escenificalo nun pequeno vídeo ou foto!
Aquí vai a miña!




Pois aos animais tamén lles gusta facer deporte! Senón mirade estes cans!




Seguro que cando ides á praia vos gusta moito coller cunchas, pedras...e me parece que tamén cangrexos e camaróns. Pois facédeme caso e non xoguedes con estes animaliños porque podedes facerlles dano e se os deixades fora da auga de seguro que van morrer.Está moi ben observar aos animais pero non molestalos.
A cambio...
vos deixo outras cousas para facer!
Premede na imaxe, a vosa familia vos pode axudar con moitas delas!

Mirade aos holandeses... lles encanta voar cometas...XIGANTES!


Aquí vai outra proposta para hoxe! 
Algo que ten relación co mar é a sal.

 Pois hoxe vos propoño que pintedes con ela.

Precisades:

- papel grueso ou cartulina

-cola 

-sal fina

-acuarelas líquidas ou auga teñida con colorantes alimentarios
- goteros, pinceles, etc.

E aquí tedes dous vídeos co procedemento.


Xa me ensinaredes qué chuladas de cousas facedes!

E xa para rematar por hoxe...vos deixo esta canción tan bonita do grupo AMARAL que a min me gusta moito e fala sobre os mares.

Lembrade visitar os demáis blogues do CRA. 
Hoxe por ser luns, especialmente o de English e o de Orientación!
Ata mañá!

31 mayo 2015

MÁIS ORTIGUEIRA!

Rematando xa o traballo sobre o Porto de Ortigueira e os seus arredores non podemos deixar de lado un dos acontecementos máis importantes que teñen lugar nesta vila mariñeira: O Festival Celta de Ortigueira. Ten lugar todos os anos dende 1978. Se queredes máis información podedes premer nesta foto.
Se queredes ir este ano as datas de festexo son o 16, 17, 18 e 19 de xullo! Animádevos!

Na Serra da Capelada están os cantís máis altos de Europa!
E ademáis un montón de cabalos e vacas que...atención! Andan ceibes polos montes e unha vez ao ano recollen para a coñecida como "Rapa das Bestas" na que lle cortan a crin e marcan aos máis novos.

Como xa comentamos noutra entrada o escudo da vila de Ortigueira ven definido na wikipedia...
En campo de ouro, tres rochas (aguillóns) sobre ondas de 

prata e azur,sumadas de tres matas de estruga de sinople 

de sete follas timbrado de coroa real pechada.
Pois ben...nos quixemos facer o noso propio escudo...veredes os resultados...!

Non podía faltar cando se trata do Ortegal, nomear dous lugares imprescindibles para visitar como son o CABO ORTEGAL e ESTACA DE BARES, tamén o hotel onde podes durmir.



E como nos imos de esquecer de visitar San Andrés de Teixido..."que se non vas de morto vas de vivo". A profe Isa nos trouxo da súa excursión pola zona varios agasallos, entre eles a famosa "herba de namorar" e os amuletos do santo. Veredes qué chulos están a quedar os que fixemos de arxila de cores...



Todo isto quixemos plasmalo de modo que de darse o caso que visitáramos Ortigueira saibamos que existen puntos importantes e destacados e que vale moito a pena coñecelos. Animádevos! A Comarca Secreta vos espera! Galicia é maxica...

Click to play this Smilebox slideshow


SAÍDA Á SENRA E Á PRAIA DE GANDARÍO



Xa temos as fotos da saída que fixemos á Senra para ver un espectáculo de títeres e a posterior visita á praia de Gandarío onde un equipo de Protección Civil de Bergondo estuvo ensinándonos un montón de cousas sobre o seu traballo ademáis de coidar de todos e todas nós. Grazas!!!!! Pasámolo moi ben e xogamos moito ademáis de cantar. Aquí tedes as fotos!! Se visitades os outros blogues do CRA poderedes ver moitas máis!


ORTIGA, O NOSO CABALIÑO DE MAR

Vos presentamos a ORTIGA, o noso amigo cabaliño de mar. Sabedes por qué se chama así? Porque como estamos a aprender cousas sobre o Porto de Ortigueira e arredores e o escudo de Ortigueira ten ortigas no seu emblema...pois a Mariña se lle ocurriu e nos gustou a todos!

Aquí nos tedes aprendendo máis cousiñas sobre estes seres tan curiosos.


11 mayo 2015

ORTIGUEIRA, A COMARCA SECRETA!

Coa tripulación ao completo embarcámonos nunha nova aventura por un dos lugares máis fermoso de Galicia! 

No proxecto conxunto co CPI Cruz do Sar, este ano imos traballar os portos da provincia da Coruña e nós eleximos...ORTIGUEIRA! 

A comarca de Ortegal é coñecida como a "comarca secreta" xa que agocha lugares máxicos cheos de recunchos inimaxinables.

Entre as cousas que estamos a aprender sobre este lugar, ademáis de coñecer como é o seu porto e a propia vila de Ortigueira, localizándoa no mapa de Galicia, sabemos que as súas augas son o resultado da unión de dous mares, o inmenso océano Atlántico e o incrible mar Cantábrico.

Outra das peculiaridades que podemos ver nas costas de Ortigueira, son os traballos que levan a cabo as famosas "algueiras", mulleres de todas as idades que recollen dende hai moito tempo algas, nas costas da zona de Loiba, con cantís moi pronunciados e praias inmensas.Teñen en conta as mareas lunares para baixar aos areais e arrincar os preciados vexetais vermellos para encher sacos e sacos que máis tarde coa axuda de varios burros suben por camiños moi arriscados ata que chegan a unha zona plana onde os espera un tractor. Este vídeo o explica moi ben.






E por último tamén coñecimos a un amigo ben divertido que anda polas rúas de Espasante, o porco Antón! Campa ás súas anchas por aló onde quere e onde máis lle gusta estar é na praia, se cadra tomando o sol!




10 mayo 2015

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN: OS CABALIÑOS DE MAR

Coñecer algúns dos animais mariños que están en perigo de extinción será unha das misións que teremos neste 3º trimestre do curso. 

Entre eles destacará un. Investigaremos a vida e o comportamento do cabaliño de mar.

Por desgracia, os cabaliños de mar atópanse dentro da listaxe de animais en perigo de extinción igual que as baleas azul e gris, o pingüino africano ou o dudong.

Coñecer as causas e motivos principais do por qué están ameazados será primordial para crear conciencia entre os máis pequenos e así ter un pensamento crítico cara ese tema.

Click to play this Smilebox slideshow

Click to play this Smilebox slideshow




09 marzo 2015

PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

Despois de aprender moitas cousas sobre a fermosa e cercana Illa de Santa Cruz...pasamos á provincia de Pontevedra para coñecer o impresionante Parque Nacional das Illas Atlánticas formado polos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.


Entre o que traballamos estes días aprendemos o significado de "arquipélago" vendo a diferencia coa anterior illa.
O primeiro arquipélago a coñecer foi ONS. Todavía habitado, agocha recunchos e lugares máxicos así como praias de ensoño como a de Melide, Area dos Cans ou Pereiro e marabillas da natureza alucinantes, como o famoso "Burato do Inferno".

 O fermoso faro todavía mantén con vida a illa, dando traballo a varias persoas. 

Se queres pernoctar alí terás que reservar praza no camping e aprendemos que se tes a sorte de ter un barco privado...non podes esquecer pedir o permiso de fondeo e de navegación. Leva botellas de auga suficientes pois non é garantía que haxa suficiente auga potable e para poder ir ao baño...pois...se queres pregúntanos e te daremos posibles solucións...pois non hai baños públicos!!! Se queres sacar o teu billete en transporte público terás que facelo con antelación pois no verán moita xente quere ir a Ons!


Pasando ao seguinte arquipélago, CÍES, estuvemos a preparar o noso permiso de navegación como excelentes mariños que somos.


Temos intención de quedar no camping de CÍES por iso estamos a inventar unha mochila para levar na nosa viaxe e poder quedar uns días por aquela marabilla de illa.
Estade atentos/as que teñen que caber dentro dela unha pasada de cousas: prismáticos, gafas de sol, crema para non queimarnos, o noso permiso e se cadra unhas gafas de buceo...


Seguimos!!!