Mostrando entradas con la etiqueta OBRADOIROS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OBRADOIROS. Mostrar todas las entradas

10 enero 2022

VENRES EN FAMILIA

 Na nosa escola durante moitos cursos fixemos obradoiros coa colaboración e participación das familias que así o desexaran. Era xenial poder contar coa vosa presencia!!

Levamos varios cursos sen poder facelos. Este curso quixen retomar estes obradoiros pero cumplindo coas medidas que dende a Consellería anunciaron no protocolo Covid.

No primeiro trimestre fixemos 5 obradoiros que foron ou ben propostos pola familia que ese día viñera ou pola escola.

Aquí tedes o resumo, gracias familias, sempre é moi divertido contar coa vosa axuda!

CONTACONTOS COCORICO, FAMILIA DE ANXO





PLANTAMOS TULIPANES, FAMILIA DE LUCAS




YOGA, FAMILIA DE URIEL





EXPERIMENTACIÓN SENSORIAL, FAMILIA DE NEREA E BRAIS





REUTILIZAMOS COA NATUREZA, FAMILIA DE ASIA





05 marzo 2019

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro festexamos na escola o Día da Paz con varias actividades.
Fixemos unha solta simbólica de pombas nas escolas así como unha actividade conxunta de videoconferencia entre as disferentes escolas do CRA.
Preme enriba para ver máis fotos.

Ao día seguinte fixemos un OBRADOIRO DA PAZ coa axuda dalgunhas familias.
Que as nosas campás leven co seu son a Paz a todos os lugares do mundo!
Ademáis teñamos palabras pompas de xabón nas nosas mochilas, deixemos as palabras pedra para o chan da nosa escola, que debuxen o amor!

Preme para ver máis fotos!

NADAL 2018

Por fin...aquí tedes as xeniais fotos do Nadal!
Que as disfrutedes!

Visita do APALPADOR
PREME ENRIBA DA IMAXE

GALLETAS DE JENGIBRE






POSTAIS DE NADAL







OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA


Preme enriba para ver máis fotos!

VISITA DOS REIS MAGOS


Preme enriba para ver todas as fotos!

13 enero 2019

OBRADOIRO DE COCIÑA



Moitas grazas ás familias por acompañarnos!
Preme enriba da imaxe para ver máis fotos!

OBRADOIRO DA LUZ


Moitas grazas ás familias que nos acompañaron!
Preme na imaxe para ver máis fotos!

OBRADOIRO DE PLANTAS E MANDALA DE OUTONO


Moitas grazas ás familias que nos acompañaron!

Preme na imaxe para ver moitas máis fotos!

14 octubre 2018

CONTACONTOS E OBRADOIRO EN FAMILIA

Presentamos nesta entradiña a algunhas das familias que puideron vir á escola a compartir parte do seu tempo contando historias, cantando, facendo música...
MOITAS GRAAAAAZAS!!! Pasámolo xenial!

 FAMILIA DE CARME


 FAMILIA DE MARTINA


 FAMILIA DE CARLOS

Tamén fixemos un OBRADOIRO DE CONTOS no que participaron conxuntamente as nenas e nenos coas familias para a creación de contos. Quedaron historias xeniais! Grazas por axudarnos!


Preme enriba desta imaxe para ver máis!

11 marzo 2018

OS ROBOTS DE AMADOR


Amador é un mestre xubilado dos que pedirías que tivera sido o teu profe na EXB. De feito...por poco non foi o meu!!

Con enerxía e ganas veu á escola para ensinarnos as súas interesantes e divertidas creacións. Fai robots con toda clase de materiais ou obxectos reciclados. Reutiliza e lle da vida a baterías que os demáis humanos rexeitamos.

Participa  cunha asociación que hai na DOMUS ou Casa do Home na cidade da Coruña chamada BRICOLABS.

Moitas grazas á familia de Martiño porque foi por eles que tivemos a sorte de contar con él na escola!

Se queres ver as fotos do fantástico día que pasamos con Amador, preme AQUÍ.

14 enero 2018

E CHEGOU O NADAL!

Entre as moitas actividades que fixemos no Nadal están as fermosas postais que elaboramos para un concurso do Concello de Bergondo. Non gañamos pero quedaron tan chulas que iso xa é xenial!


Preme enriba para ver máis fotos!

Aquí tedes as fotos do OBRADOIRO DE NADAL que fixemos grazas á colaboración e axuda das familias.


Preme enriba para ver máis fotos!

E na época de Nadal, ademáis de adornar un pouco a aula e a escola, todos os anos colocamos na aula un calendario especial para ir facendo a conta atrás ata o día 24. Este curso aproveitamos teas que tiñamos e dentro foron diferentes sorpresas, entre elas o AMULETO DO NADAL, para que todas e todos nos recarguemos con boa enerxía!






13 noviembre 2017

OBRADOIRO DE XABÓNS

Micaela e Pablo, os pais de Uma, propuxeron un obradoiro do máis oloroso de XABÓNS!
Aquí tedes as fotos da xenial mañá que pasamos hoxe en Carrio. Grazas ás familias que viñeron a compartir connosco un ratiño e sobre todo a vos, Mica e Pablo! Preme enriba desta foto para ver máis imaxes!
http://www.smilebox.com/playBlog/4e4455344d6a49794d54493d0d0a&blogview=true


06 octubre 2017

OBRADOIRO DE OUTONO

O Outono chegou no calendario pero os días de calor e sol seguen a deleitarnos a pesar de que xa comezamos a escola.
Como noutros comezos de estación, quixemos darlle a benvida á epoca outonal do mellor forma posible. A nosa mandala natural xa é todo un clásico!
Coa axuda das familias recibimos un montón de froitos, froitas, paus, follas...relacionadas co Outono e decidimos que o primeiro que debíamos facer era clasificar para poder logo colocar no círculo sagrado!Quedou impresionante!

Tamén quixemos realizar unha plantación especial e facendo honra ao conto de Anxo Moure, "O carballo con botas", plantamos bulbos nunhas botas do máis "modernas" para darlle unha segunda vida diante das fiestras do cole. Quedou orixinal e cando medren as flores...quedará fermosísimo!
Grazas ás familias, a Livia e Carla, pola axuda tan grandísima que recibimos!


http://www.smilebox.com/playBlog/4e4455334d6a67344f446b3d0d0a&blogview=true
 Preme enriba da foto para ver máis!
 

08 junio 2017

OBRADOIROS CASTREXOS FAMILIARES!

Rematando xa este curso tivemos a sorte de facer dous obradoiros propostos por duas familias.

A familia de Uma dirixiu un OBRADOIRO DE COIRO no que ademáis de falar dos usos e ferramentas que se utilizan para o traballo artesán, fixemos pulseiras moi chulas personalizadas e decoramos entre todos un agasallo fermosísimo para a nosa escola. 
Mil grazas Micaela e Pablo, foi moi divertido!
 Preme AQUÍ para ver máis fotos!


A familia de Carme organizou un OBRADOIRO DE TORQUES no que fixemos un percorrido polos elementos máis empregados na metalurxia e xoiería castrexa e fixemos un torque moi chulo e un colgante cun trisquel. 
Moitas grazas a Mónica e Raúl, pasámolo moi ben!

Preme AQUÍ para ver máis fotos!