Mostrando entradas con la etiqueta ALIMENTACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ALIMENTACIÓN. Mostrar todas las entradas

09 junio 2020

HOXE VAI DE...COMIDAS!

Ola chicos e chicas de Carrio!!
Hoxe é martes e a cousa vai ir de comidas!

Xa que estamos...lembremos o cereal que tocaría hoxe!
MARTES
Día: 9
Planeta: MARTE
Cereal: CEBADA
Cor: VERMELLA


A cebada é tan potente que ten 11 veces máis de calcio que o leite de vaca!


Pois resulta que onte na miña casa fixen para xantar outro cereal, ARROZ con verduras! 
Estaba boísimo e ademáis super san!
O arroz é un cereal que aporta moitas vitaminas e minerais. Pero non vos esquezades de tomalo integral!
Vos deixo a receta por se a queredes facer coa vosa familia! 
Podedes botarlle outros ingredientes!
Este leva:
  • 40 gr. aceite de oliva
  • 180 gr. cebola
  • 2 dentes de allo
  • 2 cenorias
  • ½ pemento verde ou vermello
  • 1 manojo de esparragos trigueros
  • 200 gr. setas 
  • 50 gr. tomate frito
  • 400 gr. arroz integral
  • 1 litro de caldo de verduras 
  • 1 cucharada de sal
  • 1 cucharadita de pimentón dulce
  • ½ cucharada curry



A maioría de vos sodes OMNÍVOROS, que quere dicir que comedes de todo, 
animais e plantas. 

Na nosa casa Israel e máis eu comemos moitos vexetais, cereais, sementes e froitas porque somos VEXETARIANOS, é dicir, non comemos animais. 

Cando era unha nena coma vos botaban na tele estes debuxos de vexetais e froitas!
Coñecédela? A canción é moi pegadiza!



Comamos o que comamos temos que intentar comer san. Reducir as chucherías, os doces, a bollería...
Hai moitas veces que coa publicidade, na televisión e nos supermercados nos intentan convencer de que algúns alimentos son sans pero non é certo.
Senón mirade o que lle pasa a este neno mexicano que quere sí ou sí uns cereais que anuncian na tele cheos de azucre...
Non vos deixedes enganar!
Comede san e natural!

Algunha vez vos pasou esto?
Qué almorzades vós?

Pois para conseguir alimentos sans e naturais en moitas ocasións imos ao mercado.
Hai establecementos de todo tipo: froiterías, carnicerías, peixerías...tendas de queixos, ovos, mel...
Mirade o que lles pasou a estas nenas cunha formiguiña traviesa cando foron ao mercado...



Vos gusta a cociña?
Quen cociña na vosa casa?
Cal é a vosa comida favorita?

Na escola de Carrio levamos moitos anos cociñando coa axuda das familias!
Se queredes ver algunhas das experiencias premede nas etiquetas ALIMENTACIÓN e RECETAS DE COCIÑA!

Hoxe vos propoño que inventedes unha receta de cociña coa vosa familia!
Pode ser moi sinxela ou moi difícil, podedes escoller amigos e amigas para convidar virtualmente!
A idea é que a debuxedes ou a escribades. Fixádevos nas cantidades que empregades!
Falamos de gramos, litros, culleradas...
Vos animo a que a compartades cos demáis!

Ademáis se vos apetece facer un collage dunha cociña e colorealo, recortalo e ordenalo de modo libre...aquí vos deixo o mobiliario! Podedes debuxar o que falta!


Pero se preferides xogar no ordenador un ratiño...
Aquí facedes tacos mexicanos!

 Bueno, isto é todo por hoxe!
A ver qué tal esas recetas!
Eu farei unha con froitas!


Pero non podemos esquecer que hoxe estamos de festa en Bergondo! 
Que temos ao noso Manuel de cumple! 
Parabens lindo!!



Lembrade visitar os demáis blogues do CRA!
Hoxe especialmente o de MÚSICA por ser martes, seguro que a profe María nos ensina cousas moi guais!
Ata mañá!

23 marzo 2014

NACHOS CON GUACAMOLE...VIVA MÉXICO!

Para rematar e como actividade estrela no traballo sobre Norteamérica e os seus estados, fixemos unha actividade conxunta na nosa escola.
 Pasámolo moi ben e ademáis...aprendemos, compartimos, rimos e chupamos os dedos!! 
Fixemos NACHOS CON GUACAMOLE! 
Ándale, ándale... mira qué ben o pasamos!


                              Click to play this Smilebox scrapbook



PAN DE CEA

Seguimos coñecendo OURENSE  e temos unha sorte tremenda porque contamos cunha ourensá que nos axuda e nos ensina moitas cousas. A profe Raquel a semana pasada trouxo para que probáramos o saboroso PAN DE CEA!
Ademáis de papalo e non deixar nin as migas, aprendemos como é a súa elaboración e coñecimos algúns dos fornos que o despachan. Graciñas Raquel!


 Preme enriba e coñece máis cousas
PREME ENRIBA E COÑECE MÁIS SOBRE ESTE PAN.




13 noviembre 2013

SUSHI EN CARRIO...AI QUÉ RICO!!!!!

Isa, a mamá de Aldán, veu para ensinarnos como se fai o SUSHI, plato estrela na alimentación dos xaponeses. 

Pasámolo moi ben e chupamos os dedos...qué rico!!!

Aprendemos a técnica para cocer o arroz con moito mimo, xa que na cultura xaponesa dedican moito tempo á elaboración dos platos e coidan ata o último detalle en canto á creatividade. Mirade, mirade...





23 noviembre 2012

AU REVOIR...FRANCIA!

Chegamos ao final da nosa viaxe por FRANCIA!! 
Pasámolo realmente ben e aprender, aprender...penso que aprendemos bastante, así que...aquí vos deixamos a última entrada con dúas actividades que fixemos a semana pasada na nosa clase.

Plantexámonos a pregunta de con qué moedas pagarían os franceses e comprobamos que coas mesmas que temos nós, así que...si finalmente imos a París e queremos subir na Torre Eiffel...non teremos problemas para pagar a entrada!!



Do mesmo xeito...quixemos rematar esta parte da nosa viaxe con Madlenka polo mundo dunha forma doce, doce...(somos moi golosos!!) por iso coa axuda de Juani e Isa, nais de Roque e Pedro Hernández e Aldán...convertémonos en cociñeiros, además de coñecer a orixe da gastronomía francesa e dun postre típico francés...nada máis e nada menos que... A TARTA TATÍN!!
Mirade, mirade...ñam, ñam!!



Aquí tedes o vídeo que elaborou Juani para ensinarlles a gastronomía francesa.

Moitas grazas a Isa e a Juani, pola vosa axuda e colaboración!!!

25 marzo 2012

17 marzo 2012

ALIMENTOS SANOS E SABOROSOS







Esta semana comezamos unha nova aventura na nosa clase e ten que ver con algo moi saboroso!!

Queremos saber qué alimentos son saudables, cales están “ricos, ricos con fundamento” e sobre todo aprender que temos que comer de todo, dieta variada e sana!!

O xoves día 22 imos facer uns obradoiros na clase coa colaboración dalgúns pais e nais:

- Títeres con culleres, garfios e espátulas de madeira.

- Macedonia de froitas

- Pan con tomate (todavía non está confirmado)

- Pulseiras con sementes de soja, lentellas… (todavía non está confirmado)

Para os títeres de madeira estivemos traballando moito esta semana pintándoos de moitas cores. Mirade o seguinte vídeo!