Mostrando entradas con la etiqueta MANUALIDADES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MANUALIDADES. Mostrar todas las entradas

01 junio 2020

OS MARES DA TERRA

Bos días chicos e chicas de Carrio!
Chegamos ao mes de xuño!
Qué tal foi a finde "acuática"? 
Xa vin que o pasáchedes fenomenal!

Agora que comezamos este mes que ten duas estacións... parece 
que apetece falar do mar! 
O vindeiro luns 8 de xuño se festexa o Día Mundial dos Océanos.

Qué sorte tedes en Bergondo!
Podedes ver a praia de Gandarío sen movervos da casa e así saber se hai sitio ou se cadra... como está a marea!
Queredes saber como? 
Premede enriba da imaxe!


Pero o que verdaderamente é xenial é poder vela de verdade e poder tocar a auga e a area. Por iso temos que manter entre todos e todas as praias limpas de lixo.
Porque hai moitos anos ocurriu un accidente horrible nas nosas costas.
Volo conto neste vídeo co libro "NUNCA MÁIS" A ollada da infancia da Ed. Kalandraka


Nestoutro vídeo, aparecen os voluntarios que axudaron a limpar. 
Mirade cómo estaba todo!



 Outro problema grandísimo para os nosos mares son os plásticos. Milleiros de animais morren cada día por culpa de quedar atrapados en bolsas, arandelas, redes...ou por alimentarse dos mesmos crendo que é comida.
Aquí tedes a uns chicos que salvaron a unha familia enteira de tartarugas marinas!


Pero non imos falar soamente de cousas tristes! Porque os mares e océanos da Terra teñen milleiros de cousas positivas e que nos fan ser felices!

Qué tal se facemos algo de deporte acuático? 
Cal é o voso favorito?
- Surf
- Vela
- Remo
- Piragüismo
- Esquí acuático
- Buceo...
Na miña casa gaña o surf sen dúbida! Igual xa sabedes que Israel é surfista, fillo da marea, como él dí! Jeje

Vos propoño a seguinte actividade:
- que elixades o voso deporte acuático favorito 
- onde practicalo (nunha praia que vos guste)
-con quen (un amigo ou amiga)
-e salvar un animal marino que esté en perigo

 Podedes facer un debuxo, escribir a historia... ou simplemente escenificalo nun pequeno vídeo ou foto!
Aquí vai a miña!




Pois aos animais tamén lles gusta facer deporte! Senón mirade estes cans!




Seguro que cando ides á praia vos gusta moito coller cunchas, pedras...e me parece que tamén cangrexos e camaróns. Pois facédeme caso e non xoguedes con estes animaliños porque podedes facerlles dano e se os deixades fora da auga de seguro que van morrer.Está moi ben observar aos animais pero non molestalos.
A cambio...
vos deixo outras cousas para facer!
Premede na imaxe, a vosa familia vos pode axudar con moitas delas!

Mirade aos holandeses... lles encanta voar cometas...XIGANTES!


Aquí vai outra proposta para hoxe! 
Algo que ten relación co mar é a sal.

 Pois hoxe vos propoño que pintedes con ela.

Precisades:

- papel grueso ou cartulina

-cola 

-sal fina

-acuarelas líquidas ou auga teñida con colorantes alimentarios
- goteros, pinceles, etc.

E aquí tedes dous vídeos co procedemento.


Xa me ensinaredes qué chuladas de cousas facedes!

E xa para rematar por hoxe...vos deixo esta canción tan bonita do grupo AMARAL que a min me gusta moito e fala sobre os mares.

Lembrade visitar os demáis blogues do CRA. 
Hoxe por ser luns, especialmente o de English e o de Orientación!
Ata mañá!

13 enero 2019

14 enero 2018

E CHEGOU O NADAL!

Entre as moitas actividades que fixemos no Nadal están as fermosas postais que elaboramos para un concurso do Concello de Bergondo. Non gañamos pero quedaron tan chulas que iso xa é xenial!


Preme enriba para ver máis fotos!

Aquí tedes as fotos do OBRADOIRO DE NADAL que fixemos grazas á colaboración e axuda das familias.


Preme enriba para ver máis fotos!

E na época de Nadal, ademáis de adornar un pouco a aula e a escola, todos os anos colocamos na aula un calendario especial para ir facendo a conta atrás ata o día 24. Este curso aproveitamos teas que tiñamos e dentro foron diferentes sorpresas, entre elas o AMULETO DO NADAL, para que todas e todos nos recarguemos con boa enerxía!






OUTONO...XA CASE MARCHAS

O Outono case a piques de marchar...




13 noviembre 2017

OUTONEANDO EN CARRIO

Chorreo con pipetas

Puntillismo con bastoncillos e pipetas

 Creación libre, collage




11 noviembre 2015

MÁIS BOSQUES

A profe Eva C. nos contou que no lugar de Allariz, na provincia de Ourense había un bosque moi parecido ao de Oma, no País Vasco que tamén pintara o artista Agustín Ibarrola.
Hai que dicir que nos uns días antes nos adiantamos ao acontecemento e xa tiñamos unhas pedras pintadas con idea de facer outra actividade pero nos encantou coñecer estoutro bosque.
Se queredes saber máis podedes premer aquí.

As nosas pedras

Pero realmente a inquedanza máis grande era ter o noso propio bosque pintado na escola...comezamos por aquí e xa se verá se hai máis...a disfrutalo cada día!

Click to play this Smilebox slideshow

E como sabemos cantos anos teñen as árbores? Pois ainda que ás veces non é moi doado...podémolo saber! Contando os seus aneis!



Os bosques poden ser tan diferentes para os ollos de cada un de nós...
Árbores inventadas: tubos de cartón, pinturas de varios tipos, cartulinas e por suposto imaxinación! Carballos, castiñeiros, piñeiros, arces, cerdeiras, maceiras, eucaliptos...grandes, pequenos, medianos...FERMOSAS TODAS!



26 septiembre 2015

PRIMEIROS DÍAS

Chegou o día e as pequenas bolboretas de Carrio voltaron á escola!

Están todas e todos guapísimos. Os maiores medraron mogollón e os medianos están ben riquiños. 

Este curso damos a benvida a tres novos compis que comezan a súa andaina no cole: Nuno, Adrián e Xoel!

Para comezar con enerxía moi positiva quixemos elaborar entre todos unha mandala de benvida. Cada un/ha trouxo elementos naturais para facela: piñas, castañas, landras, flores, follas de moitos tipos, paus...incluso unha cabaza!




Click to play this Smilebox slideshow



Pero tamén...





Click to play this Smilebox slideshow







E moitas cousas máis que vos ensinaremos nas seguintes entradas do blogue! 
Podedes deixar comentarios, nos fai moita ilusión leelos na clase!
Ata pronto amigos/as!

07 febrero 2015

INVERNO DE VERDADE

Nestes días de tanto frío e coa neve tan preto de nós...aproveitamos para facer algún traballo relacionado coa estación de inverno. Frío, frío e máis frío!