Mostrando entradas con la etiqueta HALLOWEEN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta HALLOWEEN. Mostrar todas las entradas

02 noviembre 2020

SAMAÍN 2020

E chegou unha das datas máis esperada do ano para os nenos e nenas!

Chegou o SAMAÍN! Sabedes que a orixe desta festa é celta e que os nosos ancestros a festexaban para agradecer a colleita e despedir o verán e darlle a benvida ao novo ano Celta?

Todo isto e moito máis está moi ben explicado no conto O NOSO SAMAÍN, que estuvemos vendo na clase.

Imaxe: Editorial Galaxia

Pero noutras partes do mundo se festexan o Halloween ou o Día de Mortos, como en México. Deste último festexo nos falou a profe Mónica na sesión de biblioteca cun conto moi especial...

Imaxe: Amazon

Se queredes saber máis podedes visitar a entrada que fixo a profe Mónica no blogue da BIBLIOTECA .

E falando de México non podíamos pasar por alto tratar sobre unha persoa moi vinculada a esta festa polas catrinas e pola temática, así que tamén falamos da gran FRIDA KAHLO. Podedes lembrar cousas dela visitando ESTA ENTRADA que fixen hai uns meses no blogue.


Pero ademáis tamén nos divertimos xogando a crear monstruos. Se trataba de tirar un dado e debuxar o número de ollos, dentes, brazos, pernas, pelos...que nos tocaran. Mirade qué chulos quedaron!



Ademáis de todo isto houbo un día que foi especialmente máxico porque falamos do MEDO e sobre cousas que ás veces producen ese sentimento: os lobos, os esqueletos, os monstruos, as arañas, as bruxas...e resulta que eu sen sabelo me convertín nunha bruxa ítalo-francesa- galega e sei ca lles fixen unha pócima con pis de lombris, polvos de estrelas e pintura rosa...Jajajajaja Estes cativos teñen unha imaxinación...



E xa para rematar os nosos traxes e disfraces terroríficamente divertidos!!!
Feliz Samaín!


04 enero 2019

SAMAÍN 2018

😉 SAMAÍN 👀







E aquí poderedes ver qué terrorificamente guapas e guapos nos puxemos para a ocasión, ademáis de varias actividades relacionadas coa festa de Samaín!
                           Click to play this Smilebox slideshow


30 octubre 2013

BO SAMAÍN/HALLOWEEN!

MAÑÁ DÍA 30 DE OUTUBRO...
TEREMOS FESTA RACHADA EN BERGONDO!
VISITAREMOS A EXPOSICIÓN DE CABAZAS DO CPI CRUZ DO SAR, COMEREMOS CASTAÑAS FESTEXANDO ASÍ O MAGOSTO 2013 E ESCACHAREMOS DA RISA COS CONTOS NO EDIFICIO DA SENRA!

PERO ESTES DÍAS XA ESTIVEMOS FESTEXANDO O SAMAÍN NA ESCOLA DE CARRIO...MIRADE ESTE VÍDEO SE SODES VALIENTES! JAJAJAJAJA!!





29 octubre 2012

E CHEGOU O MAGOSTO E CHEGOU O SAMAÍN- HALLOWEEN!!


A semana pasada tocou coñecer outro capítulo da BRUXA ABURRIDA. Nada máis e nada menos que cando casa! Pretendientes non lle faltaron: dende o señor vampiro ata o home lobo, pasando pola pantasma e a momia. Pero ela...soamente tiña ollos para un: O BRUXO!
Lástima que non lle durara moito o amor, xa que no día da voda este desapareceu cando (sen querelo) confundíu o champán co líquido máxico de facer desaparecer as moscas...Vaia, vaia...!
Así que a bruxa Aburrida quedou composta e sen mozo...cousas que pasan!
Aquí vos deixamos un pequeno resume de todo o que traballamos na clase!!


SAMAÍN JAJAJAJAJAJA!!!