11 mayo 2020

AS CORES DO ARCO DA VELLA

Feliz luns, chicas e chicos de Carrio!
Aquí vos dou os bos días cantando con "Alegría" de Sérgio Tannus!



Hoxe me gustaría que comezásemos todos e todas a semana con moita cor!



Se me ocorre que o arco da vella ten todas as cores que precisamos, non credes? E que vos parece se o baixamos?

Imos aló! Quero que experimentedes con un cereal moi san e saboroso: o arroz! Neste caso non o imos a comer eh...ides xogar con él.

Primeiro temos que saber como conseguir o arco da vella no arroz!  Veredes qué guai!

Precisamos :
- arroz
- vinagre ou alcol
- colorantes alimenticios ou naturais 
- bolsas (tipo conxelación)
- botes de diferentes tamaños ou
- pinceis ou
- animais, figuritas...ou
- culleres, coladores, embudos, palitas...

Como facemos?
Nunha bolsa metemos arroz, unhas gotas de colorante e outras de alcol ou vinagre. Movemos e cando a cor esté esparcida por todo o arroz, o sacamos e o extendemos nunha bandexa ata que seque. Facemos o mesmo coas outras cores que queiramos.
Se podería facer igual con legumes.

Podedes xogar a facer un minimundo de animais...a buscar obxectos agochados ou letras e números (premede AQUÍ e aquí para descargar letras e AQUÍ para descargar números, que poderedes colorear e recortar), a encher botes por cores e facer trasvases ou un arco da vella nunha botella! O que se vos ocorra!



E...a experimentar e xogar, pero non se vos ocorra metelo na boca! Cando rematedes podedes gardalo para outro día!

Tamén vos deixo outra actividade chea de cor! Mirade o vídeo, veredes qué divertido!
É un molinillo xiratorio de papel do arco da vella! 





E xa que a cousa vai de arcos da vella, queredes ter un? Fagamos un pequeno experimento de densidades!
Aquí tedes o que precisades!

Espero que o pasedes fenomenal! Xa me contaredes!

Por último vos deixo un vídeo con todas as fotos que me enviáchedes durante a semana! Encántame ver que vos divertides!



Lembrade visitar os demáis blogues do CRA.

Hoxe teríades English e seguro que a teacher Cova pon actividades xeniais!

No hay comentarios: