Mostrando entradas con la etiqueta PAZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PAZ. Mostrar todas las entradas

05 marzo 2019

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro festexamos na escola o Día da Paz con varias actividades.
Fixemos unha solta simbólica de pombas nas escolas así como unha actividade conxunta de videoconferencia entre as disferentes escolas do CRA.
Preme enriba para ver máis fotos.

Ao día seguinte fixemos un OBRADOIRO DA PAZ coa axuda dalgunhas familias.
Que as nosas campás leven co seu son a Paz a todos os lugares do mundo!
Ademáis teñamos palabras pompas de xabón nas nosas mochilas, deixemos as palabras pedra para o chan da nosa escola, que debuxen o amor!

Preme para ver máis fotos!

25 febrero 2018

DÍA DA PAZ, MALALA YOUSAFZAI





 "Un niño, un profesor y un libro pueden cambiar al mundo. La educación es la única solución"

 Malala Yousafzai


27 febrero 2017

DÍA DA PAZ, 30 XANEIRO


O pasado 30 de xaneiro conmemoramos en todas as escolas do CRA de Bergondo o día da Paz. Quixemos facer unha "quedada virtual" entre escolas para cantar todas e todos xuntos a canción que nos ensinou a profe María do grupo Migallas, "Campás pola Paz".
Ademáis aproveitamos que uns ex-alumnos da escola de Guísamo nos brindaron a oportunidade de soltar unhas pombas como símbolo nese día tan especial. Moitas grazas!
Tamén coñecimos a un cantante moi famoso que falaba da paz nas súas cancións e escoitamos unha das máis famosas..."Imagine".



Disfruta da música de John Lennon...

09 febrero 2016

SEMANA DA PAZ

Este ano na escola estivemos festexando a Semana da Paz con moitas actividades.
"O monstruo de cores" foi o protagonista total! Este monstruo ten un lío coas súas emocións! Moitas veces estamos igual que él, verdade?
 
Coa profe Eva Corredoira fixemos unhas bolsiñas de sales de baño de cores que ulían xenial! Cada cor representa un estado de ánimo ou emoción: vermello- rabia, amarelo- alegría, azul- tristeza, verde- calma, negro- medo e rosa- amor. Cada vez que nos sintamos un pouco tristes ou enfadados...podemos botar unhas poucas na bañeira e nos volveremos verdes de calma por dentro!
 Tamén fixemos unhas "pulseiras da calma" para que nos momentos nos que estemos un pouco alterados poidamos voltar á tranquilidade...


 E chegou o gran día...estando nós cunha actividade de sentimentos e emocións...chegou ela! Unha pombiña da paz para liberar e repartir a paz e a bondad por Bergondo adiante! Pero tamén cantamos unha canción que nos ensinou a profe María en Música e fixemos unha videoconferencia con todas as demáis escolas do CRA!
 Que viva a paz!Preme na imaxe para ver as fotos!
http://photopeach.com/album/g75dmn

E como rematísimo final...os nosos frascos da calma! Ai...qué idea tan chuli verdade? Non son xoguetes...iso o sabemos moi ben, serán unha ferramenta máis para calmar a nosa ira cando esta apareza...
Click to play this Smilebox slideshow


Aquí tedes outra actividade semanal que estamos a facer todos os venres: Como me sinto hoxe? Preme na imaxe para ver as fotos!
http://photopeach.com/album/ac6jg5

 

07 marzo 2015

07 febrero 2015

MAN, O ALEMAN DE CAMELLE QUE NOS CONQUISTOU A TODOS COA SÚA HISTORIA DE PAZ

O pasado venres día 30 de xaneiro quixemos conmemorar o Día da Paz cunha visita moi especial á Senra. Foi unha visita pasada por moooooita auga pero valeu a pena!

A autora do conto "Man, o alemán de Camelle" e a ilustradora ían compartir con todas as escolas do CRA parte da súa mañá contándonos como fora a vida de Man, un home peculiar que habitou no pobo de Camelle durante bastantes anos da súa existencia e que loitou por defender a natureza e sobre todo o mar. O triste "negro chapapote" acabou co seu folgo pero en todas as retinas dos/as que defendemos a natureza coma fixo él, quedará a súa loita.
Será porque nos fascina o que fixo, será porque foi real...
NUNCA MÁIS CHAPAPOTE NO MAR!





Se queres saber máis sobre MAN preme aquí.

Click to play this Smilebox slideshow


27 enero 2013

PARA SER FELIZ...NON HAI QUE SER IGUAL!


De mil colores es su piel
Se llama Elmer
Y es genial
Un elefante quiere ser
De igual color que los demás

Para ser feliz
No hay que ser igual
Para sonreír
No hay que ser igual
Para divertir
No hay que ser igual
Porque el color no importará

AQUÍ TEDES AO NOSO ELMER EN PROCESO DE 

CREACIÓN, XA VEREDES QUE CHULO NOS QUEDA!


Preme enriba e abre noutra ventana o vídeo para poder escoitar a música!

O VINDEIRO DÍA 30 DE XANEIRO DESEXAMOS A PAZ NO MUNDO PERO MAÑÁ E PASADO TAMÉN...TODOS OS DÍAS TEÑEN QUE SER PARA BUSCAR A PAZ!!


03 febrero 2012

NO CRA QUEREMOS A PAZ...TODOS OS DÍAS


ESTE VÍDEO XA O PUXEN MÁIS VECES PERO NON ME CANSO DE VELO, XA QUE É UNHA FERMOSURA E A MÚSICA DE TOQUINHO...MÁIS! ESPERO QUE VOS GUSTE TANTO COMA A MIN! E XA SABEDES...FAGAMOS A PAZ TODOS OS DÍAS!

NO CRA QUEREMOS A PAZ...TODOS OS DÍAS