Mostrando entradas con la etiqueta ASTRONOMÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ASTRONOMÍA. Mostrar todas las entradas

03 junio 2020

VEXO, VEXO...NÚMEROS!

Bos días chicos e chicas de Carrio!

Imos teletransportarnos a CARRIO por uns momentos :-)



Sabedes que os días da semana son 7.


Algúns de vos tamén sabedes que os seus nomes teñen que ver coa astronomía!

LUNS- LUA
MARTES- MARTE
MÉRCORES- MERCURIO
XOVES- XÚPITER
VENRES-VENUS
SÁBADO- SATURNO
DOMINGO- SOL

Pero sabedes tamén... que se relacionan cos cereais e as cores? 

Os romanos falaban da importancia de comer eses cereais nesa orde para unha mellor dixestión.


Hoxe é...
 MÉRCORES 
Día: 3
Planeta: MERCURIO
Cereal: MIJO
Cor: AMARELA


Pois hoxe imos falar das MATEMÁTICAS!
Porque son moi importantes! 

As operacións matemáticas, os números, as formas, a xeometría, a probabilidade, a medida...están en todas partes:

NA NATUREZA
- Nos animais: patas, antenas, as, ollos, orellas. Nos km que recorren, no que miden, nas crías que teñen...
Poñamos un exemplo!
1 CABEZA
1 NARIZ
2 OLLOS
2 ORELLAS
4 PATAS
1 COLA

- Nas plantas: árbores, flores, sementes...
PÉTALOS, FOLLAS...

SEMENTES

-No noso corpo: talla, altura, peso, número de calzado...





NA ARTE 
- Formas, figuras, columnas...nas pinturas, esculturas, edificios...ou na música, na danza...



NOS XOGOS
- Parchís
- Damas
- Xadrez
- Tres en raia
- Bingo
- Dominó
- Lotería...

NO CALENDARIO
- Nos días da semana: 7
- Nos números dos días do mes: 31
- Nos meses: 12
- Nos anos: 2020
- Nas datas importantes: canto falta para...

NA CASA
- Na cociña: graos para cociñar no forno, nevera, conxelador, nas etiquetas dos alimentos...

- No salón: na televisión, nos mandos, no reloxo de parede...

- No baño: a báscula, as toallas para cada un, as etiquetas dos botes de xabrón...
- Na habitación: a medida das sábanas da cama, as ventás, a porta...

NA RÚA
- Sinais de tráfico
- Horarios de aparcamento
- Tarifas dos parking
- Horarios dos autobuses, trens...
- Matrículas dos coches, motos, camións...
- Nos supermercados, tendas...
- Nos restaurantes, cafeterías...
- Nas librarías...

NOS DOCUMENTOS IMPORTANTES
- No DNI
- Na tarxeta sanitaria
- No pasaporte
- Nas tarxetas de crédito...


NAS COMUNICACIÓNS
- No teléfono fixo
- No teléfono móvil
- No ordenador
- Na tablet
- Nos letreiros
- Nos xornais, revistas...

Como vedes os conceptos matemáticos están na nosa vida en todas as cousas que nos rodean e son moi importantes!

A proposta que vos fago hoxe é a seguinte!

Que busquedes eses conceptos de medida, cálculo, numeración, xeometría...nas cousas que vos rodean, que visitades...e que nos contedes a todos e todas para qué serven a través dun debuxo libre, dunha foto, dun vídeo...

A ver se sabedes cantas patas ten o meu can FRODO...jejeje

Hoxe como é mércores vos traio noticias da profe Marisol!


Nos propón que sembremos bicos e máis bicos para que cando nos vexamos os repartamos! Para ti tamén, Marisol!

Pois esto é todo por hoxe! 
Lembrade visitar os demáis blogues do CRA.
Hoxe especialmente o da Biblioteca e o de Educación Física, seguro que o pasades fenomenal!
Ata mañá!

04 marzo 2019

SEGUIMOS VIAXANDO POLO ESPACIO

Seguimos coa nosa viaxe polo Universo. 
Preme Aquí :nos veredes no foguete que trouxo Manuel!



Para poder comunicarnos mellor cos outros planetas montamos unha estación espacial na aula e así poderemos controlar de xeito máis doado os satélites que enviamos ao espacio!
Se queres entrar terás que solicitar a túa clave!
Reciclaxe máximo!




Ademáis temos a sorte de contar con un amigo moi especial, ET o Extraterrestre!
Como nos gusta xogar con él!


Sabemos todo o que sabemos grazas ás naves non tripuladas que enviamos dende a Terra ao espacio. Pois ben...coñecimos a SOHO que foi ao Sol e a MESSENGER que foi a Mercurio.





No noso planeta, A Terra, hai mares e montañas. Aquí temos os colgantes que fixemos para levala con nós e sobre todo concienciar do seu coidado.


O Sol é a nosa estrela e nos dá luz e calor. Aquí estamos experimentando con espuma de afeitar, quedaron moi chulos e diferentes!



E qué dicir da nosa Lúa, fermoso satélite que xira ao noso arredor. Quixemos facer algunhas das súas fases de forma moi doce! Mirade, mirade!



E tanto estamos a aprender e divertirnos co tema da Astronomía, que con todo o material elaborado coa axuda das familias temos unha xenial exposición na subida á planta superior. É como entrar nun planetario!





Moitas grazas familias, seguimos polo Espacio!!




13 enero 2019

CARLOS DÁ UNHA VOLTA AO SOL


Parabens Carlos! Feliz volta ao sol!
Aquí tes o teu vídeo!

AS CONSTELACIÓNS






04 enero 2019

GARDIÁS E GARDIÁNS DA GALAXIA

Tal e como vos contamos na anterior entrada relacionada co mundo da Astronomía, estamos nunha misión interestelar.
Queremos comprender qué acontece no mundo que temos enriba das nosas cabezas e por iso estamos a investigar sobre él.

Estamos FASCINAD@S!
Cada pequena aportación que traemos da nosa casa é un momento especial, único...no que ademáis de aprender algo novo nos sentimos importantes. Non pode ser doutro modo, somos os gardiáns e gardiás da Galaxia.
Aquí tedes algunhas das cousas que aprendimos neste pasado trimestre...Grazas familias!










Seguimos!!!

DANDO UNHA VOLTA AO SOL...

Este curso para festexar que medramos e cumprimos anos estamos facendo unha nova actividade relacionada co proxecto de Astronomía.

Cada ano que cumplimos é o tempo que tarda a Terra, planeta onde nós vivimos, en dar unha volta arredor do Sol.


E así é como facemos ao ritmo desta fermosa canción...


Nas próximas entradas veremos qué nenas e nenos deron otra volta arredor do Sol!