18 febrero 2021

XORNADA DE INFORMACIÓN TELEMÁTICA PARA O NOVO CURSO

Dada a situación actual, este ano queda suspendida a Xornada de Portas Abertas no CRA de Bergondo.

Pero non te quedarás sen coñecer as nosas fermosas escolas!!

O martes día 23 de febreiro en horario de tarde poderás facelo solicitando cita de modo telemático coas titoras.

Queres coñecer a Escola de Carrio?


Escribe un correo a cracarrio@gmail.com e solicita información.

Mentres...poderás coñecer un pouco máis se visitas

@escoladanatura en Instagram 

Aquí tes un anaco da nosa escola!




Pero non esquezas que no CRA de Bergondo hai outras escolas ben chulas e que tamén podes informarte sobre elas na nosa web.

Esperámoste!💗🌷🌱


06 febrero 2021

XOGAMOS COA COR


Estamos a xogar dende hai uns días con este material tan chulo. Son as tablillas da caixa nº 3 de cores de María Montessori que a pesar dos anos segue estando de moita actualidade porque amosa as tonalidades que podemos atopar de diferentes cores.

Pasárono xenial buscando pola clase e neles e nelas mesmos esas cores.




Ademáis aproveitamos para buscar concretamente a cor azul, a cor do inverno e as suas diferentes tonalidades e a facer mesturas con auga, transvases...Lles encanta!


MICROSCOPIO ESPECIAL

 



PARABENS!

 Parabens Ares! Feliz cuarta volta ao sol!



MÁIS AUGA

O segundo reto ou consigna para facer en familia era coñecer que a auga está presente en moitos lugares ao noso arredor: nos ríos, mares e océanos, nas rías, lagoas, lagos...

Coñecimos a existencia dalgúns incluso...visitándoos!

Moitísimas grazas a todas as familias por enviar os vídeos!

 Gústalles moito explicalos!

MATEO NO RÍO EUME

ARES NA PRAIA DE MIÑO E NA RUTA DOS SETE MUÍÑOS (GUITIRIZ)



SARA NA PRAIA DE SADA 


PAULA NA PRAIA DO PEDRIDO, RÍA DE BETANZOS


ADRIÁN NA FERVENZA DO ÉZARO


TEO NO RÍO CALLOU (BERGONDO)


SALETA NO RÍO MANDEO


Ademáis de escoitar as explicacións sobre onde están estes lugares, tamén aprendemos que a auga que levan é vida para moitos animais e plantas como no caso das troitas, salmóns, salgueiros, castiñeiros...nos ríos e as ameixas, os calamares, as algas ou os polbos...nas rías.

 Seguimos co proxecto sobre a Auga e desta vez se trata de facer experimentos para coñecer os estados nos que podemos atopar a auga!

Ata a seguinte!

25 enero 2021

PARABENS!

 Parabens Aurora! Feliz sexta volta ao sol!



24 enero 2021

NEVE, FRÍO, XANEIRO!

 E sen darnos conta chegamos a un novo ano, a un novo mes e cunha nova estación, O Inverno!

Había que experimentar dalgunha maneira ese frío polar que fixo nos primeiros días de Xaneiro de 2021. Aquí tedes o resultado da experiencia! Seguimos...





21 diciembre 2020

PARABENS!

 Parabens Sara! Feliz cuarta volta ao sol!


POSTAIS DE NADAL

 Estas son as postais que fixeron os nenos e nenas para participar nun concurso do Concello de Bergondo!

Eleximos unha para felicitar as festas dende o CRA de Bergondo, aquí vos deixo a foto tamén :-)








20 diciembre 2020

PARABENS!

 Parabens Adrián! Feliz terceira volta ao sol!



TEMPO DE ADVENTO: TERCEIRA SEMANA REINO ANIMAL

 E despois de atopar a luz no reino vexetal...

Na segunda semana de advento todo xirou arredor do reino animal: raposos, esquíos, osos, cervos...

As actividades que fixemos tiveron que ver con esta temática. Moi divertidas e fermosas tamén!







PARABENS!

 Parabens Teo! Feliz quinta volta ao sol!


13 diciembre 2020

TEMPO DE ADVENTO: SEGUNDA SEMANA REINO VEXETAL

 E despois de atopar a luz no reino mineral...

Na segunda semana de advento todo xirou arredor do reino vexetal: fungos, árbores, flores, arbustos, aromáticas, sementes, madeira...

As actividades que fixemos tiveron que ver con esta temática. Moi divertidas e fermosas tamén!








PARABENS!

 Parabens Nerea e Brais! Feliz terceira volta ao sol!

TEMPO DE ADVENTO: PRIMEIRA SEMANA REINO MINERAL

 E chegamos a un dos momentos máis emocionantes para os nenos e nenas! Comezou o tempo do Advento! 

Este ano estamos a  festexalo seguindo o ritmo estacional e da natureza. Así cada semana iremos buscando esa luz máxica do Advento nun dos Reinos que existen na Terra.

A primeira semana foi a do Reino Mineral: pedras, cunchas, minerais, cristais... Todo xirou entorno a esta temática. Pasámolo moi ben e aprendimos moito!










PARABENS!

 Parabens Mateo! Feliz cuarta volta ao sol!