07 mayo 2020

COAS MANS NA MASA!

Bo día chicas e chicos de Carrio!

Hoxe imos facer un saúdo moi, moi especial! Collede a vosa esterilla e a pasalo ben!


Qué tal vos atopades? A que con moi boa enerxía?
Vos deixo un dado divertido para xogar outro ratiño! 



E hoxe tamén vos propoño experimentar de modo sensorial cunha masa moi guai que podedes facer na casa: a masa de sal.


 Con ela poderedes xogar a estampar as pegadas ou corpos de animais de xoguete, as pezas de lego, incrustar pedras, flores, paus ou legumes ou o que se vos ocorra!


Precisamos:
- 1 taza de sal
-1 taza e media de fariña
- Auga
- Herba aromática se tedes: romero, lavanda, tomiño, menta...
- Colorante alimenticio (opcional)

Pasos a seguir:
Nun recipiente grande comenzar mesturando a sal e a fariña e ir engadindo auga ata formar unha masa consistente. Finalmente engadir a herba aromática en cachiños! Se lle queredes dar un toque de cor, unhas gotiñas de colorante...e a xogar! Esta masa soe secar rápido así que aproveitade para facer algún móvil ou colgante con ela unha vez seca, queda moi chuli!

E se vos animades a facelo con elementos naturais, mirade cantas ideas para xogar hai premendo enriba da imaxe!



 E por se vos apetece xogar un pouco xa que estamos, vos convido a entrar nunha cabaña moi, moi divertida!
Preme enriba da imaxe e atoparedes moitos xogos divertidos!



Lembrade visitar os outros blogues do CRA!

E non vos esquezades que como todos os xoves, hoxe teríamos English e a teacher Cova seguro que pon moitas cousas interesantes no seu blogue! 
Ademáis os xoves tamén ven a profe Dolores e no seu blogue de Audición e Linguaxe ten un montón de xogos e actividades divertidas!

Ata mañá!


No hay comentarios: