Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO GALICIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO GALICIA. Mostrar todas las entradas

05 marzo 2019

SARGADELOS

Este trimestre estamos a aprender moito sobre un tipo de cerámica que temos moi preto do noso Concello. Se trata da Cerámica de Sargadelos, concretamente do Castro, no concello veciño de Sada.
Fonte: Wikipedia

Coñecer a historia de como comezou todo nos leva ata Cervo, na provincia de Lugo.
 Alí hai moitos anos xa, o marqués de Sargadelos, Antonio Raimundo Ibáñez, fundou a primeira fábrica de cerámica.
Fonte: Wikipedia
Cos anos un ceramista moi recoñecido chamado Isaac Díaz Pardo decidiu xunto ao gran artista Luis Seoane, empregar a técnica mellorada para fundar Cerámicas O Castro. Co tempo incluso crearon unha editorial co mesmo nome así como un Laboratorio de Formas onde a recuperación e o estudo da cerámica doutros tempos era o seu selo de identidade.


Aquí temos aos nenos e nenas da Escola de Carrio amosando un montón de pezas que teñen as súas familias.


E aquí elaboramos uns contos a partir das imaxes dalgunhas pezas de cerámica. Preme enriba da imaxe para ver todas as fotos.


E xa para rematar esta fermosa experiencia aquí vos deixamos as fotos dun traballo que fixemos coas máscaras típicas do Entroido Galego de Cerámicas de Sargadelos. Un perfecto traballo de simetrías!




Preme enriba desta imaxe para ver
máis fotos!

08 junio 2017

CASTREXOS DE VERDAAAAADE! LUUUME!

Os mismísimos Castrexos de Viladonga visitaron as escolas do CRA! Grazas á nosa compañeira Livia puidemos gozar coas suas ensinanzas, cancións e aprender trucos de supervivencia contra os temidos romanos...Mil grazas pola visita e polo voso tempo connosco! E a ti Livia, es xenial!
Mirade, mirade...
http://www.smilebox.com/playBlog/4e4455304e4449784f54553d0d0a&blogview=true
 Preme na imaxe!

Ademáis seguimos a traer moitas cousas á escola sobre a temática dos nosos ancentros! Estamos entusiasmadas e moi motivados!
 Tamén descubrimos os diferentes símbolos celtas nos que creían, moitos deles sobre a natureza, o renacer ou a morte.



08 mayo 2016

RÍOS E MONTES DE GALICIA

Este trimestre queremos dar unha voltiña polos ríos e os montes máis destacados da nosa comunidade.
A partir dunha lenda sobre tres importantes ríos: Eume, Mandeo e Xuvia, quixemos dar comezo a este traballo de investigación.
 "Eran unha vez o río Eume, o río Xuvia e o río Mandeo e un día decidiron baterse nunha carreira; o primeiro que chegase ó mar podería pedir un desexo.
Ó fin dese día foron durmir e quedaron para as sete da mañá. O río Xuvia despertou ás cinco da mañá e aproveitando que os outros durmían, pensou:
―Partirei agora que eles durmen, chegarei o primeiro e pedirei ser o río máis longo!
O Mandeo despertou ás seis e vendo que o Xuvia xa non estaba, dixo:
­―Partirei eu tamén, que aínda podo gañar e pedir ser o río máis caudaloso!
Ás sete despertou o Eume e vendo que non estaban os outros, encheuse de ira e partíu veloz arrasando todo o que atopou no seu camiño, e gañou"


O RÍO MANDEO
Consciente do importante patrimonio ambiental e cultural desta conca, a Deputación da Coruña iniciou un programa piloto  para potenciar o desenvolvemento sostible, utilizando o propio río como elemento integrador e dinamizador. Nacía así, PROXECTO MANDEO

 Mergullándonos na súa web,  atopamos moitos recursos para coñecer máis sobre o río que baña o noso Concello de Bergondo, que desemboca na Ponte do Pedrido e baña a fermosa vila de Betanzos.  


 O RÍO EUME

Inmerso no Bosque Atlántico mellor conservado e máis importante de Europa: AS FRAGAS DO EUME.

Este río rodeado de vexetación, árbores centenarias e habitado por animais ás veces insospeitados, desemboca na ría de Ares, na vila de Pontedeume.

                  

 Hai infinidade de páxinas e libros que falan sobre esta marabilla de lugar pero quixemos empregar dous sobre os Bolechas que falan moi ben dos animais que poderíamos atopar alí. O segundo ten códigos QR para poder escoitar os sons que emiten algúns animais! Estivemos xogando e mola!



O río Eume ten a sorte de acoller entre as súas augas segredos que se non te adentras na Fraga nunca poderás descubrir: MOSTEIRO DE CAAVEIRO E O MOSTEIRO DE MONFERO.
Podes visionar estes vídeos e aprenderás moito neles pero...  non te contamos nada máis...para coñecelo hai que vivilo e ben cerquiña o tes!






A qué río iremos esta semana?

11 mayo 2015

ORTIGUEIRA, A COMARCA SECRETA!

Coa tripulación ao completo embarcámonos nunha nova aventura por un dos lugares máis fermoso de Galicia! 

No proxecto conxunto co CPI Cruz do Sar, este ano imos traballar os portos da provincia da Coruña e nós eleximos...ORTIGUEIRA! 

A comarca de Ortegal é coñecida como a "comarca secreta" xa que agocha lugares máxicos cheos de recunchos inimaxinables.

Entre as cousas que estamos a aprender sobre este lugar, ademáis de coñecer como é o seu porto e a propia vila de Ortigueira, localizándoa no mapa de Galicia, sabemos que as súas augas son o resultado da unión de dous mares, o inmenso océano Atlántico e o incrible mar Cantábrico.

Outra das peculiaridades que podemos ver nas costas de Ortigueira, son os traballos que levan a cabo as famosas "algueiras", mulleres de todas as idades que recollen dende hai moito tempo algas, nas costas da zona de Loiba, con cantís moi pronunciados e praias inmensas.Teñen en conta as mareas lunares para baixar aos areais e arrincar os preciados vexetais vermellos para encher sacos e sacos que máis tarde coa axuda de varios burros suben por camiños moi arriscados ata que chegan a unha zona plana onde os espera un tractor. Este vídeo o explica moi ben.






E por último tamén coñecimos a un amigo ben divertido que anda polas rúas de Espasante, o porco Antón! Campa ás súas anchas por aló onde quere e onde máis lle gusta estar é na praia, se cadra tomando o sol!




09 marzo 2015

PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

Despois de aprender moitas cousas sobre a fermosa e cercana Illa de Santa Cruz...pasamos á provincia de Pontevedra para coñecer o impresionante Parque Nacional das Illas Atlánticas formado polos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.


Entre o que traballamos estes días aprendemos o significado de "arquipélago" vendo a diferencia coa anterior illa.
O primeiro arquipélago a coñecer foi ONS. Todavía habitado, agocha recunchos e lugares máxicos así como praias de ensoño como a de Melide, Area dos Cans ou Pereiro e marabillas da natureza alucinantes, como o famoso "Burato do Inferno".

 O fermoso faro todavía mantén con vida a illa, dando traballo a varias persoas. 

Se queres pernoctar alí terás que reservar praza no camping e aprendemos que se tes a sorte de ter un barco privado...non podes esquecer pedir o permiso de fondeo e de navegación. Leva botellas de auga suficientes pois non é garantía que haxa suficiente auga potable e para poder ir ao baño...pois...se queres pregúntanos e te daremos posibles solucións...pois non hai baños públicos!!! Se queres sacar o teu billete en transporte público terás que facelo con antelación pois no verán moita xente quere ir a Ons!


Pasando ao seguinte arquipélago, CÍES, estuvemos a preparar o noso permiso de navegación como excelentes mariños que somos.


Temos intención de quedar no camping de CÍES por iso estamos a inventar unha mochila para levar na nosa viaxe e poder quedar uns días por aquela marabilla de illa.
Estade atentos/as que teñen que caber dentro dela unha pasada de cousas: prismáticos, gafas de sol, crema para non queimarnos, o noso permiso e se cadra unhas gafas de buceo...


Seguimos!!!

ANTROIDO GALEGO: PELIQUEIROS, BOTEIROS, PANTALLAS, VERGALLEIROS...GALICIA CALIDADE!!

Click to play this Smilebox slideshow
Este curso no CRA de Bergondo quixemos ter un Antroido 100% galego! Visitounos nas escolas unha boteiro de Viana do Bolo coa profe Dolores, tivemos a sorte de ver as máscaras de peliqueiro de Laza, de pantalla de Xinzo de Limia e de Vergalleiro de Sarreaus, grazas aos profes Isa e Ricardo.

Lola fixo unha viaxe xenial para coñecer as máscaras de primeira man!!




Ademáis quixemos elaborar a nosa propia máscara de peliqueiro e contamos coa axuda das familias e de varios profes do cole.


A todo isto...non podíamos deixar de lado ao noso querido mar e fixemos sombreiros de faro e de pirata. 


O último día tivemos unha festa rachada na escola e molou moito porque viñemos todos e todas disfrazados de cousas relacionadas co mundo mariño. Grazas ás familias pola vosa implicación!



Click to play this Smilebox slideshow

07 febrero 2015

AS ILLAS GALEGAS: ILLA DE SANTA CRUZ, OLEIROS

Continuando a nosa viaxe polo mundo do mar, neste 2º trimestre imos aprender moito sobre algunhas das illas máis importantes da nosa terra. Deixando un pouco de lado pero non de todo os faros que traballamos no 1º trimestre pasamos a coñecer de primeira man como son as nosas illas para que así algún día poidamos ir visitalas e xa non precisemos de tanta axuda dos guías que traballan facendo rutas nelas.

A primeira illa que traballamos queda moi cerquiña de Bergondo! Podemos ir cando queiramos xa que se atopa no Concello de Oleiros, na localidade de Santa Cruz. Se trata da ILLA DO CASTELO DE SANTA CRUZ. 



Esta illa ten como xa dixemos un castelo con moitas lendas e historias entre as pedras das súas paredes e muros. O castelo foi mandado construir polo xeneral Diego das Mariñas. Primeiro quixo habitar alí o temido pirata inglés FRANCIS DRAKE  que no seu afán de conquistar a cidade da Coruña loitou contra a valente MARÍA PITA. Máis adiante mercou a illa o esposo da escritora EMILIA PARDO BAZÁN e finalmente o castelo albergou durante moitos veráns aos orfos da guerra civil española. Actualmente é a sede do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) onde se realizan moitas actividades de tipo educativo ambiental. Podes premer aquí e visitar a súa páxina web.
Click to play this Smilebox slideshow