Mostrando entradas con la etiqueta AUGA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AUGA. Mostrar todas las entradas

06 febrero 2021

MÁIS AUGA

O segundo reto ou consigna para facer en familia era coñecer que a auga está presente en moitos lugares ao noso arredor: nos ríos, mares e océanos, nas rías, lagoas, lagos...

Coñecimos a existencia dalgúns incluso...visitándoos!

Moitísimas grazas a todas as familias por enviar os vídeos!

 Gústalles moito explicalos!

MATEO NO RÍO EUME

ARES NA PRAIA DE MIÑO E NA RUTA DOS SETE MUÍÑOS (GUITIRIZ)



SARA NA PRAIA DE SADA 


PAULA NA PRAIA DO PEDRIDO, RÍA DE BETANZOS


ADRIÁN NA FERVENZA DO ÉZARO


TEO NO RÍO CALLOU (BERGONDO)


SALETA NO RÍO MANDEO


Ademáis de escoitar as explicacións sobre onde están estes lugares, tamén aprendemos que a auga que levan é vida para moitos animais e plantas como no caso das troitas, salmóns, salgueiros, castiñeiros...nos ríos e as ameixas, os calamares, as algas ou os polbos...nas rías.

 Seguimos co proxecto sobre a Auga e desta vez se trata de facer experimentos para coñecer os estados nos que podemos atopar a auga!

Ata a seguinte!

29 noviembre 2020

A AUGA...É UN TESOURO

 Este curso no CRA de Bergondo estamos a aprender sobre a AUGA.

Coma sempre, as familias traballan cos nenos e nenas nos proxectos que levamos a cabo e este ano o están facendo fenomenal. Moitas grazas!

A primeira das cuestións que investigaron os nenos e nenas na súa casa e PARA QUÉ SERVE A AUGA

Faremos un pequeno resumo!













A seguinte investigación é sobre os LUGARES ONDE HAI AUGA (ríos, praias, regatos, lagos, lagoas...)e aspectos relacionados con eses lugares.

Na seguinte entrada...

29 mayo 2020

CALOR A TOPE!

Bos días chicos e chicas de Carrio!
Chegamos ao final da semana!
Hoxe é venres!

Ainda que seguimos na estación de primavera, estes días está a facer moita calor, case que semella ser verán, así que imos falar sobre a auga e as súas posibilidades! 

(Estade atentos e atentas ao blogue da Biblioteca porque tamén vai facer a sua entrada sobre este tema)

Non sei se sabedes que existen en países como Alemania ou Holanda, parques con circuitos de auga para xogar.
Qué pasada, verdade? 

Circuito de auga nun parque de Alemania
Foto de Richter Spielgeräte 

Con estes circuitos os nenos e nenas poden sentir a auga, deixala fluir, desviala, contela mediante presas ou follas de árbores, deixala gotear...En definitiva, permiten experimentar o poder da auga. Se lle engaden area...poderán observar a formación de illas e outras moitas paisaxes que van xurdindo.É xenial!
Parque nos Países Baixos. Imaxe de Expatlingo

Sería maravilloso que nos nosos parques e patios puidéramos ter 
circuitos de auga, verdade?
Ummm...veremos qué se pode facer!

Nesta reportaxe da páxina Familias en Ruta, temos máis fotos de parques que molan! Preme enriba da imaxe!

Mentres tanto vos propoño que xoguedes na vosa casa coa auga. Aquí van algunas ideas collidas da espectacular páxina de Tierra en las manos!

1. Crear un minimundo semellando un río, o mar...con area, animais, plantas...incluso a cor da auga azul, conseguindo esa tonalidade con colorante.
Fun learning for kids

2. Circuito termal: poñer varias palanganas con auga a diferente temperatura, incluso con xeo. Disfrutade dos sentidos!

3. Lavar aos bonecos e xoguetes:con esponxa e xabón!

4. Bombas de esponxa de auga:  a mellor alternativa para o xogo dos globos de auga! Non contamina e resulta moi divertida! Preme AQUÍ, que che contan como facelas!

5. Pintar con xeo: precisas unha cubitera, auga, colorantes, palitos de madeira e papel para pintar e pasalo en grande!

6. Facer o noso propio circuito de auga: no seguinte enlace veredes varias ideas, premede AQUÍ.



Por certo! Estas semanas traballáchedes moito, o vexo a diario e estou moi orgullosa 
de todos e todas vos! 
Noraboa e moitas grazas ás vosas familias!

Bueno, pois isto é todo por hoxe!
Que pasedes unha xenial 
fin de semana "acuática"! 
Xa me contaredes qué tal!
Disfrutade moito!

Ah! Vos animo a deixar comentarios neste blogue e nos demáis blogues do CRA!
 Será moi guai lernos!

Non vos esquezades de visitar os demáis blogues, principalmente o de Educación Física, xa que é venres!

Boa finde a todos e todas!

07 marzo 2015

AUGA DA CHUVIA

Para que podemos empregar a auga da chuvia? 
Menos para beber...para un montón de cousas! 
Operacións matemáticas, reutilización da auga para outros usos, reflexións e opinións propias...e diversión!