Mostrando entradas con la etiqueta GRIMM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GRIMM. Mostrar todas las entradas

01 marzo 2013

OS TROTAMÚSICOS

Na nosa viaxe por Alemania non podemos esquecer uns dos personaxes máis populares da literatura germana, os irmáns GRIMM.



Naceron na cidade de Hanau e morreron en Berlín. Moitos dos contos populares que coñecemos son obras deles, por exemplo: "Os sete cabritos", "Hánsel e Gretel", "Os músicos de Bremen"...entre outros.
Se queredes aprender máis cousas sobre a súa vida e obra, premede no seguinte enlace.



Aquí temos a Alejandro con información sobre os irmáns Grimm e os seus contos!

Como nos gustan moito os animales, aproveitamos unha serie de televisión que foi emitida hai moitos anos, baseada na historia dos irmáns GRIMM e que estamos a desfrutar moitísimo, incluída a profe!
OS TROTAMÚSICOS
Aquí deixamos unha canción moi divertida, que cantamos e bailamos na clase!



E aquí tedes os debuxos que fixemos dos personaxes da serie e do conto: Lupo, Burlón, Koki e Tonto. Realmente esta historia ten un fondo moi aproveitable a nivel educativo, pois é imprescindible ensinar aos nenos dende moi pequenos o respecto aos animais. Esperamos que vos guste!