Mostrando entradas con la etiqueta ANIMAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANIMAIS. Mostrar todas las entradas

20 diciembre 2020

TEMPO DE ADVENTO: TERCEIRA SEMANA REINO ANIMAL

 E despois de atopar a luz no reino vexetal...

Na segunda semana de advento todo xirou arredor do reino animal: raposos, esquíos, osos, cervos...

As actividades que fixemos tiveron que ver con esta temática. Moi divertidas e fermosas tamén!







17 junio 2020

HOXE OS PROTAGONISTAS SON...

Bos días chicos e chicas de Carrio!!
Chegamos ao mércores!

Hoxe voltamos a ter novas dos demáis amigos e amigas da escola que nos van contar moitas cousas!
Comezamos!

MIRIAM
A nosa fermosa Miriam e a linda Gabriela teñen duas mascotas na sua casa que ben poderían ser as curmanciñas 
pequenas das miñas!
Se chaman Isla e Sol!
Isla é moi rápida!!
Mirade, mirade!

Pero Miriam ademáis de coidar das suas tartarugas coida moi ben dela mesma!
 Senón mirade qué almorzo máis apetitoso toma polas mañás!
Xenial Miriam!
E ademáis de todo isto Miriam quere ensinarnos as plantas que ten no seu xardín!
Qué chulada!


IAGO
O noso Iaguiño bonito sabe ben como alimentarse e así nolo fai saber! Mirade qué tomates máis ricos ten na sua horta! Menuda ensalada máis saudable, Iago!

E se queredes quedar namorados dun canciño moi amoroso e xoguetón, aquí nos presenta a Roki, un cachorriño co que o pasa fenomenal!Ai, Iago qué preciosidade! 
Coida moito del!

LARA
Aquí temos á linda de Lara que nos ensina as plantas aromáticas e ornamentais 
do seu xardín! 
Qué bonitas son!! 
Canto colorido teñen eses rosais, Lara!
Pero Lara que ademáis ten a super sorte de ten un irmán maior xenial como é Martín co que aprende e xoga mogollón, ten un canciño moi fermoso que se chama Xiao! Este Xiao é un pouco pillo, seica escapa moitas veces!
Mirade qué guapos están aquí os tres!

Pero ides alucinar co que ven agora! Lara e Martín saben facer maxia! Sí, sí! Maaaaaxia!
Prestade atención!
Como mola esa maxia, chicos!
Xa nos ensinaredes máis trucos chulos!

MANUEL
Chegamos ao noso Manuel! É tan bonito, que é xenial velo contar cousas sobre os seus dous cans!
Aquí temos a Bono, agarimosamente chamado "Buchito" e ten 9 anos! Se nota que quere moito a Manuel porque xoga con él á pelota!
Pero "Buchito" non vive so. Ten un amigo co que non me queda moi claro se se leva moi ben que se chama Chipi e ten 5 anos. Non sei se Chipi ten moitas ganas de xogos...
Dende logo como di Manuel..."mirade qué adorable é" jejejeje
Ademáis destes dous amiguiños, Manuel nos quere amosar moitas das plantas que ten na sua casa! Menuda plantación máis chula, Manu! Eses arándanos teñen que estar deliciosos no verán!! Xa nos contarás!

OLGA
E chegamos á nosa Olguiña bonita! Que nos conta cousas sobre todos os seus animais! Prestade atención que ten moitos!!
Nut, Annie, Bumma, Mao e Antonello!
Son fermosísimos! 
Qué sorte teñen contigo, Olgui!








Xa a coñecen todos e todas por...



Bravo Olga!

Pero mirade qué preciosidade de ramiño fixo co seu desexo colgando! Eu penso que ese desexo xa está sendo realidade! 
Segue así bonita!

Quen sabe se no futuro vemos a Olga percorrendo os mares do mundo nun "Olganográfico! Ogallá!

PARABEEEEEENS chicos e chicas de Carrio! Estou super orguiosa de todos e todas vos e das vosas familias!
O voso esforzo durante todo este curso ten que ter unha recompensa! 
Prontiño teredes unha, xa veredes!
Lembrade que ademáis eu fago maxia!
Jejjejeje

Isto é todo por hoxe! Mañá a entrada será diferente pero espero que tamén vos guste moito e xa para o venres haberá unha pequena sorpresiña por aquí!

Lembrade visitar os demáis blogues do CRA, hoxe especialmente o da Biblioteca e o de Educación Física!
Tamén tocaría clase con Marisol, que vos manda unha super aperta a todos e todas!
Ata mañá!

16 junio 2020

HOXE OS PROTAGONISTAS SON...

Ola chicos e chicas de Carrio!
Imos polo martes desta última semana de cole!

Onte xa víchedes cantas cousas fermosas nos contáchedes algúns e algunhas de vos.
Hoxe seguimos con outras amigas e 
amigos que tamén teñen moitas 
cousiñas chulas que dicir!
Comezamos!

BRUNO E ALEX
Aquí temos aos preciosos de Alex e Bruno que teñen moita imaxinación e fixeron estes dous personaxes con materiais de refugallo: botella de plástico e ovo sorpresa!
Con todos e todas vos...
Ketta e Pennywise!

Bravo chicos, sodes uns xeniais "recicladores"!!


Pero estes dous bonitos irmáns, tamén teñen boa man para a cociña...mirade, mirade!
Tarta flor, que pintaza máis boa!

E ademáis de todo isto sempre están moi ben acompañados polos seus cans!
Frida ten pinta de estar moi a gusto!
Os animais saben ben quen os quere e vos o facedes xenial! Noraboa chicos!

SARA
A linda de Sara ten unha misión dobremente importante! Mirade qué monada de pitiña acaba de adoptar. 
Con todos e todas vos...Alema!
 Resulta que a sua mamá galiña non a pode coidar e Sara vai ter que facer de mamá galiña de Alema!
Xa nos irás contando novidades, Sariña!
É unha monada coma ti!


GALILEA
Esta pequechiña animalista ten aos seus cans agotadiños perdidos pero tamén inmensamente felices!
Aquí a tedes con Nada, que é a veterana da familia! 


Estas duas fermosuras se chaman Bimba e Lola! Son moi pillas e xogan todo o tempo correndo unha tras a outra!

Pero Frida e Frodo teñen un papel moi especial tamén! Xa volo explica ela de maravilla, mirade, mirade!

Cando se trata de herbas...Galilea fai as pocións máxicas máis mesturadas do mundo!
Lle bota o que lle cadra!
E xa se falamos da imaxinación en alto nivel...a contadora Gali despunta! Jejeje! Bravo bonita!!

MATEO
O lindo Mateo ten un montonazo de animais na casa da sua avoa e dos seus padriños!

Pitiños e perdices! Pero este pitiño xa está algo crecidiño, 
qué lle das de comer, Mateo!!??

A familia de Mateo tamén é moi bondadosa cos animais! Mirade qué monada de gatiños! Se chaman Blanquita e Misi. Estaban abandonados e o padriño de Mateo os adoptou o verán pasado! Qué sorte tiveron!

Pero tamén ten un coelliño que ten 5 anos, se chama Orejitas! Mirade qué lindo!
E estes dous bonitos son Roky que ten 6 anos e é un mimoso e Zara, que xa ten 8 anos!
Pero Mateo ten moita máis sorte todavía! Porque ten dous axudantes de luxo cando quere facer as propostas do blogue! A sua avoa e o seu curmán!
Parabens Mateo!

Mañá seguiremos a ter novas doutros amigos e amigas! O estades a facer fenomenal, chicos e chicas!
Isto é todo por hoxe!

Lembrade visitar os demáis blogues do CRA, especialmente o de Música por ser martes!
Ata mañá!

15 junio 2020

HOXE OS PROTAGONISTAS SON...

Ola chicos e chicas de Carrio!!
Chegamos á última semana de cole!

Sempre sodes os protagonistas deste blogue pero nesta semana todavía o seredes máis!
Dende hoxe ata o mércores apareceredes 
no blogue coas actividades que 
vos propuxen a semana pasada!
Comezamos! 
Estades preparadas e preparados?

AMAIA
Aquí temos á linda de Amaia ensinándonos á sua gatiña, Meiga. Chegou á sua casa cando Amaia era un bebé. Meiga é unha gatiña moi maior que rescatou a sua familia e foi adoptada por eles.
Noraboa Meiga, caiches en magníficas mans!


 Aquí tedes a Amaia con Meiga!
Pero Amaia tamén nos quere ensinar as plantas aromáticas que ten na sua casa, verdade?




 E ademáis ten a sorte de contar cun irmán maior excepcional, Martiño, que lle axuda sempre con todo e decidiu axudarlle 
nesta ocasión a facer 
un pequeno teatro maravilloso! 
Bravo Martiño e Amaia!

ANTÓN E XOEL
Estes lindos irmáns saben facer de todo! E ademáis teñen moito xeito para 
amosar as súas creacións! 
Tanto fan de comer como reciclan!
Xenial chicos!!
Aquí nos amosan unha receta rica e sana!

 Aquí os tedes reutilizando unha botella para facer un xogo ben divertido!
E cunhas pedras o alfabeto!!
Futuros ecoloxistas...o vexo!







 Que volo digo eu...mirade como miman a Mía, a sua cadela!



XABI
Xabi é un deses nenos que ten dentro mil sorpresas e vai sacando aos poucos 
esa maxia bonita!
Mirade o que nos conta do seu can que se chama Coqui!
Este Coqui é un pillo que escapa cando abrides o portal!
Fenomenal Xabi fermoso!! 
Noraboa polo traballo!



PAULA
Paula ten unha cadeliña que se chama Lana. Ten 11 anos e é moi linda!

Aquí a tedes coa sua irmá Sara, outra irmán maior que lle axuda moito!
 Qué bonitas sodes!

Ai Pauliña, qué susto debeu de levar Lana con este crocodilo!
 Non será o do río Pisuerga!



TEO
Aquí temos ao noso lindo Teo ensinándonos aos seus cans Coco, Vilma e Doggy con Xoel, outro gran irmán maior que lle axuda moito!

Pero ademáis Teo ten plantas aromáticas na sua casa! Mirade, mirade!!
Xenial Teo!!

Cando digo que en Carrio saen ecoloxistas 
o digo por algo!


 Quen sabe se unha ristra de veterinarios/as!
Noraboa chicos e chicas!!
Isto é todo por hoxe!

Mañá veremos aos demáis amigos e amigas que tamén nos contarán e ensinarán moitas cousas!

Non me quero esquecer de felicitar a duas persoas que son moi queridas 
por todas e todos nos!
O venres foi o aniversario da profe María e hoxe o da nosa querida profe Livia!
PARABENS CHICAS!!!
Esta canción é para vos!

Lembrade visitar os demáis blogues do CRA! Especialmente o de English e Orientación por ser luns!
Ata mañá!

10 junio 2020

UN CROCODILO DO NILO!

Ola chicos e chicas de Carrio!
Qué tal vai a semana?
Hoxe vos traio este "conto cantado"! 
Espero que vos guste moito!

Eu estou alucinando porque antonte escoitei
 que falan de que hai un crocodilo nas augas do río Pisuerga, que pasa por Valladolid cando se une ao río Douro!

Ao mellor é o crocodilo do que fala Tamara Chubarovsky nesta rima!
A ver se a aprendedes!



Din varias persoas que o viron, que pode ser do río Nilo, en Exipto!
Coma este!!


Están os expertos científicos investigando se hai pegadas, uns supostos restos de peixes que debeu comer e incluso o seu niño!

Valladolid: El cocodrilo del río Pisuerga sería en realidad una nutria

Pero...moitos deses expertos están a dicir que NON... que de crocodilo nada de nada! Que o que viron esas persoas nadando tan contenta polo río é unha LONTRA!!




Eu penso que tamén puido ser unha lontra que estaría pescando ou mesmo de paseo!

Pois a ver se saímos de dúbidas, verdade?
Eu non me imaxino no río Mandeo que pasa por Betanzos ver un crocodilo!
 Vos imaxinades?

E vos sabedes que os cocodrilos 
son familiares dos dinosaurios? Levan máis de 200 millóns de anos na Terra.

A vos os dinosaurios vos gustan moitísimo!
Aquí tedes o abecedario cantado en English! Se tedes dúbidas preguntade á teacher Cova hahaha!

No Antiguo Exipto eran venerados e incluso momificados para enterralos en tumbas sagradas porque pensaban que eran protectores e poderosos. 

Aquí tedes un momificado. 
Esta foto a saquei dentro dun templo exipcio.


 Había incluso un deus, SOBEK con cabeza de crocodilo!

Hai uns cantos aniños, estuveron a punto de desaparecer porque os cazaban, destruían os seus hábitats, sobre todo pola súa apreciada pel...xa sabemos que moitos humanos matan indiscriminadamente aos animais por deporte, qué mal!

Pois como moitos e moitas xa sabedes a min me gustan moito os animais!
De feito eu de pequena quería ser VETERINARIA! 
Así que neste vídeo vos ensino uns dos animais que son tamén familiares dos crocodilos, a ver qué vos parece! 



Aquí as tedes!!
A miña cadela NADA aproveita cando lle botamos de comer para 
zamparse ela a súa comida!
Qué lambona!

E vos, tedes animais? 
Eu xa sei que moitos e moitas sí.

Pois vos vou facer unha proposta de traballo de investigación de chicos e chicas super exploradores!

Me gustaría que nos ensinárades a todos os vosos animais. Se non tedes non pasa nada porque nos podedes contar cales son os vosos favoritos e cales vos gustaría ter.

As entradas no blogue deste VENRES, do LUNS e do MARTES serán feitas polas vosas aportacións. Pode ser un debuxo, 
unha foto, un pequeno vídeo para 
contarnos varias cousas!
E os seguintes datos!

Os que SÍ tedes animais:
1. Nome do voso animal ou animais: por qué se chama así? Quen lle puxo o nome?
2. Especie: can, gato, tartaruga, porco...
3. Idade, sabes cando é o seu aniversario?
4. Comida favorita
5. Algunha característica: sabe dar a pata, xoga co balón, enterra cousas, escapa...

Os que NON tedes animais:
1.Qué animal che gusta máis? Por qué?
2. Te gustaría ter un animal? Cal ou cales?
3. Qué nome lle poñerías?
4. Qué lle darías de comer?
5. A qué xogarías con él?

Aquí o tedes para imprimir!

Tamén vos deixo os imprimibles do conto cantado CROCODILO por se os queredes imprimir, recortar e xogar a cantalo vos. Ou tamén numerar e escribir todos os personaxes da historia. Se cadra preferides inventar outra historia vos...adiante!

E hoxe como é mércores viría a profe Marisol que hoxe nos sauda cunha canción moi chuli! Ola Marisol!


Pois esto é todo por hoxe!

Lembrade visitar os demáis blogues do CRA, especialmente hoxe o da Biblioteca e o de Educación Física, seguro que hai propostas moi divertidas!
Ata mañá!