Mostrando entradas con la etiqueta IOGA PARA NENOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta IOGA PARA NENOS. Mostrar todas las entradas

28 mayo 2020

XOGAR...QUE PALABRA TAN IMPORTANTE!

Ola chicos e chicas de Carrio!
Imos xa polo XOVES!

Hoxe a cousa vai ir de xogos! 
Porque é o Día Internacional do Xogo!
E xogar é super importante!  


A vos a qué xogos vos gusta máis xogar?
Cando eu era unha nena tiña varios favoritos:
- GOMA DE SALTAR
-AGACHADAS
- IOIO
- VEXO- VEXO
- PEDRA, PAPEL E TESOIRA
- FACER O PINO E PINCHACARNEIROS
- XOGAR AO CORDEL, FACENDO FIGURAS


Se cadra o que máis me costaba era o xogo do ioio porque hai que practicar moito para que che saia. Pero mirade este rapaz...é un auténtico xefe do ioio!!



Se queredes aprender a xogar cun cordel a facer figuras, atentos e atentas a este vídeo!

Todos os nenos e nenas do mundo xogan, de aí que digamos que o xogo é internacional!
Mola moito coñecer cómo o fan noutros países e noutras culturas distintas á nosa.

Onte buscando información sobre África din cun xogo africano de Ghana, xa que estamos...que tal se xogades coa vosa familia? 
Se chama...
El pelo de los animales
Este es un juego tranquilo que no necesita un gran espacio para jugar. 
Incluso para pasar un rato en casa, en el coche, tren o avión.
Instrucciones de Juego:
Uno de los jugadores es el que conduce el juego y, los demás, se ponen alrededor del “líder”.
Para comenzar el juego, éste deberá decir: “El pelo de todos los animales” y todos los demás, con un salto lo más rápido que puedan deberán contestar: “Pelo”.
Entonces comienza el juego: El jugador conductor comenzará a decir El pelo de… (un animal). Si este animal tiene pelo, lo demás deberán dar un salto lo más rápido posible (siempre que no estén en un lugar que no lo permita) y gritar: ¡Pelo!
A veces, el conductor del juego intentará engañar a los demás diciendo a un animal que no tenga pelo y el jugador que se equivoque y salte gritando ¡Pelo! quedará eliminado.
Aquí vos deixo dous exemplos!


Aquí vos deixo outros xogos divertidos aos que podedes xogar! 
1. Saltar á comba ou corda
2. Xogar ás chapas
3. Sillas musicales
4. Xogar ás cartas
5. Adeviñas, chistes, trabalinguas...
6. Voar unha cometa
7. Bailar o hula hoop
8. Tres en raia
9. Xogo das estatuas
10. Teléfono estropeado
11. Comecocos de papel
Este e moitos máis os podedes atopar na páxina de Rejuega!

De feito, en Rejuega nos propoñen un reto polo Día do Xogo!
Queredes participar? Se trata de facer un ACRÓNIMO coa palabra JUEGA, JUGAR o JUEGO ou en lingua galega XOGA, XOGAR ou XOGO e poñer palabras que teñan unha desas letras. O seu é o seguinte! Preme enriba da imaxe se queres ter máis información!

 Aquí tedes o meu!

Para facelo máis doado poden ser nomes ou palabras que se vos ocorran!
Xa me contaredes qué tal!


Pero tamén podemos xogar bailando! 
Sí, sí! Bailando!
Esta canción algúns de vos a coñecedes das sesións de ioga dos xoves na escola! 


Que tal? Menuda marcha, verdade?
Despois de ter un momento de tanto xogo temos que voltar ao presente e á calma dalgún modo. Por iso, hoxe vos deixo unha meditación "Sat Nam" para o noso corazón.




Aquí vos deixo o vídeo das fotos e vídeos que enviáchedes á semana pasada! 
Sodes uns CRAcks!
Preme AQUÍ para velo.

Isto é todo por hoxe!
Lembrade visitar os demáis blogues do CRA.
Sobre todo o de English e o de Audición e Linguaxe por ser xoves, seguro que hai moitas actividades chulísimas!

Ata mañá!
 Non deixedes de XOGAAAAR!

22 mayo 2020

QUEREMOS AOS ANIMAIS!

Ola chicos e chicas de Carrio!
Chegamos ao final da semana!
Qué vos parece se meditamos un ratiño?
Vos deixo un mantra que me encanta! Trata sobre unha semente...como van as vosas? 
Que o disfrutedes!


Hoxe imos falar de animais!
Porque eu sei que a todos e a todas vos gustan moito os animais.
O curso pasado fixemos no último trimestre un proxecto chulísimo sobre respecto e concienciación animal. Lembrades todas as actividades que fixemos? 

Faremos un resumo, porque... 
"Recordar es fácil para quien tiene memoria, olvidar es difícil para quien tiene corazón" Gabriel García Márquez

- Convidamos a cans e cadelas rescatadas:
Malibú, Annie, Pluto e Bruma
Foi taaaan bonito!


- Levamos a cabo unha experiencia con cría de bolboretas Vanesa Cardui! 
Foi fermosísimo!

- Como a morte forma parte da viaxe vital...enterramos un paxaro que apareceu morto no patio.

-Fixemos un mercadiño solidario no que recaudamos cartos para donar ao Santuario Animal Vacaloura, de Santiago de Compostela. Foi todo un éxito!

Foron todas experiencias xeniais coa axuda das vosas familias e de xente moi riquiña que nos quixo acompañar.

Pois hoxe eu vos quero propoñer varias cousas que podedes facer para coidar e respectar ao medio ambiente, á natureza e aos animais.
Aquí van!
(se trata de lelo con eles e explicarlles en qué consiste cada cousa)
Poden facer un debuxo do que eles e elas fan.

- Segue a lei das 3R: reducir, reciclar e reutilizar todos aqueles obxectos ou elementos que poidas (sei que sodes uns grandes no tema!)
- Emprega platos, vasos e palliñas de cartón, evita sempre o plástico.
- Fai compost coa tua familia: cos restos da comida orgánica mesturados con herba cortada e follas lle estaremos dando de comer aos vermes da terra.
- Recicla papel
- Usa a tua propia cantimplora para auga e non botellas de plástico.
- Mete a túa merenda nun tupper reutilizable e non empregues papel de aluminio ou de plástico.
- Pecha o grifo cando estés lavando as mans ou os dentes, aforra auga.
- Planta flores para atraer ás bolboretas e darlles de comer.
- Ponlle auga e sementes aos paxaros.
- Non mates aos insectos, simplemente respétaos sen molestalos.
- Non merques nada de marfil, carei, coral, pel...porque veñen de animais en peligro de extinción.
- Apadrina ou amadrina a un animal nun santuario.
- Non soltes globos, rematan no mar.
- Corta os aros de plástico das bebidas, matan a moitos animais marinos.
- Fai niños para paxaros.
- Planta unha árbore.
- Recarga as pilas.
-Apaga as luces que non precisas.
- Usa o transporte público ou a bici.

Seguro que facedes moitas destas cousas, verdade? Contádeme e se facedes algunha máis, tamén!

Hai moitos animais que están ameazados por algúns homes e mulleres...non o entendedes, a que non? Eu tampouco. Vos deixo este vídeo dun libro que temos na escola que nos gusta moito a todos e todas! Rescate animal!! Como xa o coñecedes seguramente, podedes narrarllo á vosa familia!


E aquí vos deixo un conto cantado fermosísimo! Eu o teño tamén e me encanta velo, igual que o de Rescate Animal!

Finalmente vouvos deixar algunhas propostas de actividades!

Esta é unha mandala animal para colorear un ratiño cada día e relaxarte.

Se tes un frasco de cristal, podes convertilo nun lapicero pegándolle papeis de seda e unha imaxe do teu animal favorito!

Por certo...nós temos un corazón e sentimos. Pero...os animais teñen corazón? Teñen sentimentos? Vos propoño que debuxedes cómo pensades que é o corazón dun rato, dunha balea, dunha vaca, dunha serpe...ou dos animais que vos queirades e que nos contedes qué sinten: pode ser medo por algo, amor por alguén, enfado...
A ver qué tal!

Sobre os sentimentos humanos falaremos para a semana que ven!

Isto é todo por hoxe!

Lembrade visitar os demáis blogues do CRA e hoxe como é venres o de Educación Física, seguro que o profe Ricardo vis fará brincar e pasalo fenomenal!

Que pasedes unha boa fin de semana!


13 enero 2019

RELAXACIÓN E DIVERSIÓN


Unha vez por semana temos sesión de ioga, mindfullness ou atención plena e por suposto relaxación. Aquí tedes un exemplo do ben que o pasamos!
Preme na imaxe e verás máis fotos!
Sat Nam!

14 octubre 2018

YOGA CON ANUK

Tivemos a gran sorte de ter a visita de Anuk Leandro, mestra de kundalini yoga e meditación e da que a profe Saleta é alumna.
É moi importante que se aprenda sobre estes aspectos dende idades moi temperás pois por desgraza o nivel de estrés que hai nas nosas vidas afecta aos máis pequenos e pequenas.
Basta co exemplo: que elas e eles vexan que grazas a aprender a respirar poden calmarse en momentos de nerviosismo ou que comprendan que é importante ter a atención plena en cada cousa que facemos para non embarullarnos.
Sat Nam Anuk e familias por ter compartido con nós esta experiencia tan gratificante.



Preme nesta imaxe para ver máis fotos.

29 octubre 2017

IOGA CON DADILA

Preme na imaxe para ver máis fotos!

A semana pasada tivemos a gran sorte de recibir a unha amiga que se chama Dadila e da clases de ioga para nenas e nenos. Pasámolo xenial! Sería fabuloso que en todas as escolas do mundo houbera unha ou duas sesións semanais de ioga para nenos, ensinar a relaxarnos é imprescindible!!! Grazas Dadila e ata cando queiras repetir, serás sempre benvida!💖





15 enero 2017

ANO NOVO...COUSAS NOVAS!

E por fin chegou o ano novo! Xa estamos no 2017 e agradecidos por atoparnos de novo todas e todos esta semana foi bastante levadeira.
Xogamos moitísimo, contámonos moitas cousas, comezamos a facer as primeiras obras do segundo trimestre e ata fixemos a nosa sesión semanal de Ioga- mindfullness!



Como agasallo...este vídeo fermoso dunha canción tamén fermosa que me gusta moito! 
Feliz 2017 a todas e todos!


10 noviembre 2016

MANDALA DE OUTONO




Como xa é tradición, na escola todos os cursos facemos un mandala con elementos da natureza, case sempre na época de Outono, os olores, as texturas, as cores, as formas...todo pode ser empregado para conseguir a unión e formar unha fermosa mandala!
Aquí tedes información sobre o que son os mandalas.
Mirade como a fixemos, vos gusta?
Grazas ás familias por colaborar!

 

E xa que estamos...mirade de que outras maneiras intentamos relaxarnos...non sempre funciona pero cando é que sí...é xenial!
 Aquí vos deixamos un vídeo para que practiquedes na casa! Disfrutádeo!
 

07 marzo 2015