Ola a todos e todas!
Hoxe vos quero propoñer unha actividade sobre aves!
Quen coñece este paxaro? Sabedes o seu nome?
A quen non lle encanta escoitar aos paxaros cantar?
Pois vos quero dicir que dende que estamos confinados nas nosas casas, as aves voltaron a cantar con máis forza que nunca pois ao non ver apenas humanos nas rúas, nos pobos e cidades parece que están a preguntarse o por qué! Ademáis de que a chegada da primavera tamén é o seu mellor momento!
Nos nosos xardíns, leiras ou parques podemos atopar un montón de paxariños! Mirade a ver se coñecedes algún!
Pois ainda que non o creades, as aves teñen un reloxo! Qué cousas digo, verdade? Pois sí! Teñen un reloxo biolóxico que fai que unhas canten a unas horas pola mañá ben cedo, outras á tardiña e incluso algunhas polas noites!
Aquí o tedes!
Premede enriba da imaxe e poderedes escoitar cales son os paxaros máis cantarines e sobre todo os momentos nos que fan o seu concerto!
A min encántanme as aves e me gusta moito observalas cando veñen ao meu xardín.
Moitas veces xogo a contar as que vexo: 5 paporroibos, 10 pardais, 4 merlos, 3 estorniños, 2 xílgaros...Pásoo moi ben!
Vos propoño que fagades o mesmo e contedes qué tipo de paxaros vedes e o número e que despois fagades un debuxo!
Podedes enviarmo para compartir e velo con todos os nenos e nenas da escola!
Seguro que coa profe María algunha vez escoitáchedes esta ópera de Mozart, "Papageno e Papagena" de "La Flauta mágica". Pois a disfrutar con esta mestura de cantos de moitos paxaros fermosos!
A que é moi bonito escoitalos?
Pois aos paxaros lles gustan moito as chucherías! Sí!! Son uns lambóns! Podedes aproveitar para facer algunha para deixarlles no xardín. Mirade qué sinxelo é! Estas as fixemos nun obradoiro coas familias e a axuda da profe Eva!
Precisades:
- Rollos de papel hixiénico
- Crema de cacahuete
- Alpiste ou sementes
- Laranxas e mazás
- Moldes de galletas
E despois a deixar voar a imaxinación!
E que vos parece se lles facedes un niño agora que chegou o tempo de aniñar?
Aquí vos digo cómo o podedes facer!
Precisades:
- Un tetrabrick de zume ou leite
- Adornos se pode ser naturais senón os que vos gusten.
- Un pau pequeno
E liberdade para crear!
Aquí tedes os que fixemos o curso pasado!
Pero non rematamos cos paxaros todavía!
AQUÍ vos deixo un móvil para que pintedes, montedes e colguedes na vosa habitación ou incluso no exterior onde non se molle!
Podedes sacarlle foto e enviala tamén!
Lembrade visitar os demáis blogues do CRA!
E hoxe que é mércores, mirade o blogue da Biblioteca que de seguro Eva puxo un conto ben chuli e tamén o de Educación Física, que co profe Ricardo vos poñeredes en forma!
Ata mañá!
No hay comentarios:
Publicar un comentario