05 mayo 2020

BENVIDO MAIO!

BENVIDO MAIO!


Ola!! Son Saleta!!
Despois duns mesiños sen estar por aquí virtualmente e na Escola de Carrio, volvo de novo para continuar a xenial labor que a profe Leticia fixo durante todo este tempo no que estiven ao coidado do meu bebé. Moitas grazas, Leticia!

Quero aproveitar para saudar a todas e todos os nenos, porque sodes uns super valientes, estádelo facendo moi, moi ben! Así que vos dou os bos días cantando esta canción tan chula de Cé Orquestra Pantasma!



Estamos nunha das estacións 
máis fermosas do ano!
Cando as últimas choivas de Abril desaparecen e chegan os primeiros raios do sol, a natureza estanos dando un sinal: comeza o novo ciclo natural, e iso para un pobo coma o noso é un motivo de celebración!  En moitos lugares de Galicia se festexa unha tradición chamada como o propio mes que acaba de comezar, 
OS MAIOS!
Se queredes saber máis cousas podedes visualizar este documento premendo AQUÍ!

O grupo Habelas Hainas preséntanos un recurso deseñado por elas coa colaboración do alumnado do CEIP Apóstolo Santiago e Semente Compostela, escola de Ensino Galego, sobre a recuperación da festa dos Maios nun barrio compostelán.



Todos os anos na nosa escola facemos un obradoiro coa axuda das familias no que elaboramos un, queredes ver os que fixemos os dous últimos cursos? A que son bonitos?


Qué vos parece se intentades facer un na vosa casa? Non ten por qué ser tan alto nin tan grande como os que facíamos na escola pero vos deixo unha idea por se vos é de axuda, vale? E tamén por se preferides facelo con material de refugallo!




Eu tamén me vou animar a facer o meu maio, xa vos ensinarei o resultado!
 Se vos apetece, podedes sacarlle unha foto ao voso e enviala ao longo desta semana para que todos os amigos e amigas de Carrio o vexan, seguro que o pasades xenial! 

E non pode haber un maio sen cantarlle! Vos deixo a canción de Uxía, do disco de Rosalía Pequeniña!




E como sei que a profe Leticia todos os martes vos deixaba algún experimento divertido, aquí vai a miña proposta pero esta vez coa axuda dun maior! 



E para os que queredes traballo para imprimir, aquí vos deixo unha actividade ben divertida para facer un alfabeto sensorial ou se preferides unha palabra que vos guste ou mesmo o voso fermoso nome!

Podedes escoller os materiais que teñades por casa, como legumes, algodón, pétalos, follas, paus, arena, tapóns, corcho, plumas...

Mirade un exemplo!
Se premedes enriba ides directamente á páxina de descarga!

E para rematar aproveito para felicitar a unha nena que cumpliu 6 aniños o primeiro de maio! Parabens Galilea!



Non vos esquezades de visitar os demáis blogues do CRA!

 Lembrade que hoxe é martes e teríamos Música coa profe María , seguro que no seu blogue pon actividades marchosas e xeniais! 

Ata mañá!


No hay comentarios: