Ola chicos e chicas de Carrio!
Que vos pareceu? A que é moi fermosa? Como puidéchedes ver Manu Rubio canta a canción coa boca pero tamén coas mans. Estos xestos son a linguaxe de signos para as persoas que non poden escoitar e tamén queren disfrutar da música. Outro día falaremos sobre este tema!
Pois despois de darlle os bos días a todos os seres vivos, hoxe quero contarvos que imos ver cousiñas sobre uns animaliños pequenos que axudan moito ás flores no seu proceso de polinización...ui qué palabra!
Adeviñades de quen se trata?
Moi ben! Se trata dos insectos!
Qué insectos coñecedes? Tedes algún que vos guste moito? Hoxe falaremos dalgúns xa que noutras entradas veremos outros.
A algúns insectos lles encanta ir de vacacións! Sí, sí! Como o oídes! Van de hotel! Seguro que algúns e algunhas de vos lembrades un hotel que tiñamos na escola de Carrio.
Ao noso hotel viñeron moitos insectos como abellas, arañas, formigas...e algún que outro caracol!
Se vos apetece facerlle un hoteliño aos vosos insectos aquí vai unha idea para que vos axuden na casa.
Precisades:
-unha botella de plástico grande cortada en dous trozos
- piñas
- paus
- trozos de macetas ou ladrillos
- bambú
- cortizas
Como se fai? Vos deixo aquí varias fotos
Pero tamén podedes visualizalo nun vídeo premendo AQUÍ.
Xa me ensinaredes qué tal vos quedan e qué insectos os visitan!
Eu coñezo unhas formigas moi traballadoras que fixeron o seu propio hotel- spá. Aparecen neste capítulo dunha serie de pequenos curtos franceses que se chama Minuscule.
Outros insectos que son moi beneficiosos son as abellas. Pero por desgraza están desaparecendo moitas das especies autóctonas, mirade este vídeo, aquí explica como lles podemos axudar!

As formigas son moi traballadoras. Vos propoño facer formigas coas huellas dos vosos dedos con pintura negra!
Qué vos parece se facedes formigas mutantes con varias cabezas, varias patas e varias antenas?
Outros insectos que son moi beneficiosos son as abellas. Pero por desgraza están desaparecendo moitas das especies autóctonas, mirade este vídeo, aquí explica como lles podemos axudar!
Queredes facer unha colmea? Aquí tedes unha idea ben sinxela cun rollo de papel hixiénico con celdiñas de silicona (feitas por un adulto) e papel de burbullas. Podedes aproveitar a receita da masa de sal botándolle colorante amarelo, cúrcuma ou curry e xogar!
Outro día veremos outros insectos! Espero que cando vexades algún os observedes sen molestalos! Todas as vidas por pequenas que sexan merecen ser respectadas!
Lembrade visitar os outros blogues do CRA!
Hoxe en especial o da Biblioteca, seguro que Eva ten algún conto chulísimo!
E o de Educación Física, o profe Ricardo terá de seguro actividades para facer exercicio e pasalo ben ao mesmo tempo!
Ata mañá!

No hay comentarios:
Publicar un comentario