Bos días, chicas e chicos de Carrio!
Hoxe toca relaxarse un pouco!
Hoxe toca relaxarse un pouco!
Algúns de vos coñecedes este mantra das sesións que fixemos os xoves na escola.
Lembrade pechar os ollos cando aprendades os movementos coas mans e respirar tranquilos. Podedes repetilo varias veces! Espero que vos sintades xenial!
Hoxe vos propoño que falemos das Matrioskas! Sabedes o que son? Seguro! Porque no cole temos varias familias, verdade? Aquí tedes un vídeo no que nos explican fenomenal a súa orixe e incluso unha lenda!
Víchedes que veñen dun sitio moi afastado de aquí que se chama Rusia! Mirade cantas cousas podemos aprender con elas!
Pois eu vos propoño que fagades a vosa propia familia de Matrioskas!
AQUÍ vos deixo 3 para que coloreedes como máis vos guste, as recortedes e soamente peguedes a parte que está pintada de negro, doblando esas solapas.
Mirade as miñas!
É aconsellable que lle peguedes algo que pese á máis grande.
Tamén que lles poñades nome! Lembrade que o carpintero tiña unha familia de 4 e foi quitando primeira sílaba para poñerlle nome ás demáis.
Así: MATRIOSKA
TRIOSKA
OSKA
KA
As miñas lles chamei:
MANDALA
DALA
LA
Quero saber qué nomes lles poñedes ás vosas! Aproveitade para escribirllo pola parte de atrás! E a contar a lenda ou inventar unha nova!!
Aquí vos deixo unha cancionciña para lembrar os nomes desta familia que aparecen na historia de Dimiter Inkiow, "Matrioska".
E xa por último vos deixo un par de xogos! Un de buscar as PARELLAS e unha SOPIÑA DE LETRAS!
Lembrade visitar os demáis blogues do CRA.
Hoxe especialmente o de English, que de seguro molará moito o que puxo a teacher Cova e o de Audición e Linguaxe, porque a profe Dolores sempre pon xogos moi guais!
Ata mañá!
No hay comentarios:
Publicar un comentario