Hoxe vos traio unhas pequenas respiracións para momentos de nervios ou intranquilidade! Atentas e atentos!
Que tal vos atopades? Espero que xenial!!
Como estamos na primavera, hoxe imos experimentar coas flores!
A quen lle gustan as flores? A min encántanme, teño unha favorita e está moi fermosa no meu xardín! A ver se sabedes como se chama... Cal é a vosa flor favorita?
Como ocorre cos paxaros, as flores tamén teñen o seu reloxo!
Hai moitos, moitos anos, había un científico en Suecia que se chamaba Carl Von Linné. Era botánico, é dicir, estudaba as plantas.
Cada día observaba as horas nas que as flores abrían e volvían pechar. Grazas a estas observacións plantou un reloxo floral en forma de esfera no seu xardín.
Aquí o tedes.
Nel aparecen as flores que abren nas horas da mañá e pola tarde. Para elas hai uns amiguiños moi importantes: os insectos, pero deles hablaremos outro día! Queredes saber máis sobre este reloxo e qué flores o compoñen? Premede AQUÍ! Probade como Linné a observar as flores dos vosos xardíns e parques!
Ademáis, coas flores podemos facer moitísimas actividades divertidas e ademáis chulísimas. Hoxe quero propoñervos que se tedes a oportunidade recollades algunhas flores do voso xardín e se ides a pasear, as flores silvestres son maravillosas tamén.
Con elas poderedes facer algunhas das seguintes actividades! Atentos e atentas!
MANDALAS
Lembrade que podedes combinar as flores con outros elementos naturais como paus, pedriñas, follas, cunchas...
SERIES
PINCEIS
Veredes qué obras de arte máis chulas saen!
FLORES XEADAS
Esta idea a explica fenomenal no seu blogue Mamá Poetisa. Emprega ás veces auga con colorante e sal, así se vai vendo como se derrete o xeo e saen as flores. Se pode facer con animais de xoguete, pedras, pequenos tesouros...
Tamén podedes imprimir e se podedes plastificar este xogo tan chulo que nos regala mimontessori para traballar a atención e a repetición de patróns establecidos. Se lle poñedes velcro, quedará fenomenal e poderedes xogar moitas veces!
Lembrade visitar os demáis blogues do CRA.
Hoxe especialmente o de Música, que segurísimo a profe María vos ensinará cousas ben chulas!
Ademáis tedes o blogue de orientación, no que Lucía pon moitas reflexións e artigos interesantes para as familias!
Se chama CON RUMBO!
Ata mañá!
No hay comentarios:
Publicar un comentario