15 mayo 2020

O GALEGO MOLA, PRESUMAMOS DE LINGUA!

Xa é venres, chicas e chicos de Carrio!



Estamos na metade do mes de Maio, mes no que festexamos na nosa terriña unha data moi emotiva! A festa da nosa lingua, da Lingua Galega!

O domingo 17 é o día das Letras Galegas.
Sabedes por qué temos esa data marcada no corazón os galegos e galegas? 
Grazas a ela. Seguro que todos e todas sabedes quen é! A gran Rosalía de Castro!


Pois se queredes saber por qué é tan importante ese día... premede na seguinte imaxe, na que uns nenos están a ler un dos libros de Rosalía.


Como a nosa lingua e literatura, son tan importantes, cada ano se lle adica a un escritor ou escritora o día 17 de maio. Concretamente este curso se lle adica a un escritor de Ferrol que se chama Ricardo Carvalho Calero. Se premedes AQUÍ podedes saber máis sobre a súa vida e obra a través de xogos. E se queredes seguir xogando infinitamente...premede AQUÍ!

Ricardo Carvalho xa veríades que ten varios libros importantes pero hai un que foi pensado para o público máis cativo. Ese libro se chama... Moi ben!
"As pitas baixo a choiva"

No CRA fixemos esta versión do conto, capitaneada pola profe Eva e Bieito dende a Biblioteca! 



Pero se queredes ver o conto premede enriba das pitas!




E aquí tedes unhas cancionciñas moi chulas!
"As pitas baixo a choiva" é un proxecto educativo da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra inspirado libremente no conto do mesmo título de don Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2020.





Cal é a vosa favorita? 
A miña "A alborada das pitas" !

Xa para rematar vos propoño que coa vosa familia elixades unha destas palabras en lingua galega e fagades un debuxo coa técnica que máis vos guste (acuarela, pintura de dedos, rotuladores, lápices de cores, ceras, collage...)
Aí van as propostas:




Aquí tedes a Paco Nogueiras que non se decidiu por ningunha e empregou varias delas!



Se vos apetece imprimir algúns traballos tedes moitas máis opcións AQUÍ!

Ademáis hoxe quero felicitar a todas as familias que existen no mundo! É o noso día!  Porque os nenos e nenas de Carrio tamén forman unha gran familia!
Vos adico este baile dun artista galego que me gusta moito!
 Axudádelle a Xabier Díaz e ás Adufeiras de Salitre a cantare!



E de Xabieres vai o día porque hoxe o noso Xabi cumple 6 anos!! 
Parabens lindo!!!


Lembrade visitar os demáis blogues do CRA!
 Hoxe en especial o de E. Física porque é venres!

Boa fin de semana!

No hay comentarios: