Ola a tod@s de novo!!!
Que tal a semana? Seguro que o pasáchedes xenial!!!Espero que estedes moi ben.Cada vez queda un pouquiño menos para volver á normalidade.
Para comezar este novo trimestre e aproveitando que é martes, vos propoño unha experiencia moi sinxela e moi bonita.Eu lle chamo "O DEBUXO MÁXICO".
Necesitades un papel de cociña, un recipiente con auga e uns rotuladores de cores.Seguro que tod@s tedes estas cousas pola casa.
Aquí vos deixo o video onde podedes ver como facelo. O mellor é que primeiro vexades como se fai os maiores e así sorprender aos nenos e nenas para logo explicarlle a eles como o poden facer.Animádevos!!!
Video de https://www.instagram.com/casadefieras/.
Como actividades que podedes imprimir tedes estas dúas que nos enviou a profe Mónica, a primeira é para todas as idades, onde tedes que atopar as 5 diferencias nos debuxos, e a outra de relacionar a forma de distintos obxetos coa súa cor (esta é para os de 4 e 5 anos).
Como conto para ver en familia hoxe puxen "La vaca que puso un huevo", é moi divertido e seguro que moitos o coñecedes.Despois do video vos deixo unha imaxe cun enlace a xogos relacionados co conto que fixeron nun cole de Melide. Están xenial e seguro que vos gustan moito!!!
Despídome xa esperando que estedes xenial e pensando en que podámonos volver a ver moi prontiño!!! Un abrazo moi forte para tod@s!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario