Para comezar, vos deixo na seguinte imaxe un enlace a unha páxina con xogos e actividades matemáticas, onde os nenos e nenas poden xogas cos números, as decenas, sumas...Espero que vos guste!!
Tamén vos propoño como actividade para facer en familia construir a vosa propia máquina de sumar. Seguro que aos nenos e nenas lles encanta e serve para tódalas idades. Aquí tedes unhas imaxes de diferentes máquinas moi sinxelas que podedes facer con cousas que teñades pola casa.Animádevos!!!
Como trablallo que podedes imprimir, hoxe vos deixo para os nenos e nenas de 3 anos unha ficha de conceptos básicos,neste caso grande, mediano e pequeno. Para as nenas e nenos de 4 e 5 unha de serie numérica, por detrás poden aproveitar e facer algunha suma sinxela.
Bueno, e como hoxe e mércores recordade que podedes ir ao blogue do profe Ricardo e facer algún dos xogos divertidos que nos propón para mover o corpo!!!
Como conto para ver en familia, hoxe escollín "Mago rosa", espero que vos guste moito!!
Despídome xa. Un abrazo moi forte para tod@s!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario