Parece mentira que estemos rematando este segundo trimestre e non nos poidamos ver!!!Oxalá estiveramos na escola!!!
Antes de nada,vos aviso de que esta publicación será mais longa do normal, perdoade se poño moitas cousas.
Bueno, xa sabedes que vai comezar Semana Santa. Nestes próximos días o que vos recomendo e que aproveitedes e visitedes os blogues de tod@as os mestres especialistas porque alí veredes un montón de actividades, xogos, contos e manualidades para facer.
Aínda que non publicarei fichas ou actividades,para quen precise material dalgún tipo para facer cos nenos e nenas esa semana, estou a vosa disposición, así que para o que sexa, mandádeme un correo e vos axudo en todo o que esté nas miñas mans.
Se hoxe estivéramos na escola faríamos a búsqueda dos ovos de pascua, así que como idea para facer estos días por casa, vos recomendo facer algo así, que aos nenos e nenas lles encanta e desfrutan moito nesta búsqueda.
Ademais, como ideas de manualidades aprobeitando cousiñas que teñades por casa, aquí vos deixo algunhas ideas.
Para relaxarnos un pouco estos días aquí tedes dous mandalas de pascua un mais sinxelo e outro un poquiño mais complicado.
E para traballar quen queira ou necesite en ficha estos días que veñen, deixo a continuación varias adaptadas para as diferentes idades.Tede en conta que non tedes que facer os traballos que mando, non é obligatorio, esta vez tamén poño mais pensando que a semana que ven non imos publicar nos diferentes blogues do CRA e iclúo mais actividades como un recurso para quen o precise e lle resulte útil na rutina do día a día. Así que non vos agobiedes, simplemente facede o que consideres que é mellor e o que vos axude a levar o mellor posible estas semanas na casa.
Os nenos de 3 anos poden facer as seguintes actividades. Deixo dúas de lectoescritura e outras dúas de lóxica-matemática.
E para os de 4 e 5 anos tamén deixo 4 fichas. Tamén dúas de lectoescritura e dúas de sumas.
Se queredes xogar todos xuntos a algo divertido a profe Mónica deixounos este taboleiro moi especial do xogo da oca. Seguro que o pasades xenial xogando a él.
Hoxe como recomendación de conto para ver en familia deixo "Elmer", seguro que coñeces a historia deste elefante tan especial, espero que vos guste moito!
E para rematar, gravei un pequeno video no que quería saudaros despois de tantos días sen poder vernos.Xa veredes que estaba moi nerviosa, tardei como 8 intentos en gravalo (o meu non son as cámaras), pero sí que quería dicirvos que sigo aquí e que aínda que non nos vexamos, tódolos días penso en vós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario