É xoves, pero como mañá é festivo esta semana resultou un pouco mais curta.
Se estivéramos na escola teríamos English, así que a mellor forma de comezar o día é cun conto chulísimo contado pola teacher Cova!!!
Se pulsades na imaxe veredes un conto moi bonito no que saen moitos animaliños e unha foto moi especial da profe Cova!!!Ademais tamén deixa algún traballiño moi bonito para facer na casa.
Hoxe vos propoño traballar un pouquiño de mate.
Por se vos apetece facelo entre tod@s na casa, podedes coller algúns cartóns, cartulinas ou folios que teñades por casa e facer uns carteliños cos números. Con eles e cunhas pinzas podedes traballar o conteo, poñendo ao redor do número tantas pinzas como a cantidade que indica o cartel. Tamén podedes facer carteis co símbolo da suma e o igual e usalos para facer sumas de xeito diferente e sinxelo.
Aquí tedes dúas fotos como exemplo.
E por se vos apetece, deixo o puzzle da portada deste conto tan chulo!!

Para facer un pouquiño de traballo en papel aquí tedes algunha fichiña.
Para as nenas e nenas de 3 anos, deixo unha ficha sobre o concepto "no medio" e outra de conteo, na que teñen que colorear o número de flores que se indica.
Para os nenos e nenas de 4 e 5 anos estas dúas fichas, unha de sumas moi sinxela, e outra de conteo.
E como todos os días, toca o conto para ver en familia. Hoxe escollín "Ernesto bo día" que conta unha historia optimista, na que nos ensina a afrontar as dificultades con confianza e de xeito positivo.
E por se vos apetece, deixo o puzzle da portada deste conto tan chulo!!
Hoxe despídome deste blogue, pero non de vós!!!A semana que ven volve a profe Saleta con actividades e cousas moi chulas coas que seguro ides desfrutar moito, e que vos axudaran a facer mais levadeiros estes días.
Moitas gracias a tod@s!!! non teñades dúbida de que en canto todo volva a normalidade volverémonos a ver!!!!
Un abrazo moi grande!!!
3 comentarios:
Botareite de menos Leticia!! Foi un placer traballar contigo!! Biquiños. Dolores.
Unha sorte coñecerte e compartir contigo e as bolboretas todo o traballiño do que levamos de curso, moitos bicos.
María
Leticia, mil grazas por todo o maravilloso acompañamento e xenial traballo feito todo este tempo. Os nenos e nenas vante botar de menos moito!!! Mil bicos 💋
Publicar un comentario