29 abril 2020

XA É MÉRCORES!!!

Bo día a tod@s!!!

Xa é mércores!!! E se estiveramos na esola viría a visitarnos a profe Eva. Pulsade na imaxe que poño a continuación e veredes un conto feito en familia pola profe Eva que está xenial, ides alucinar!!!



Ademais, despois de ver esta versión chulísima do conto, a profe própón esta ficha onde vos tedes que debuxar mirándovos ao espello.


Hoxe tamén nos visita na escola o profe Ricardo, así que a mover un pouco o corpo xogando a unha nova versión de tenis cun globo que nos propón o profe no blogue.Pulsade na imaxe e veredes que idea mais orixinal para xogar na casa!!



Hoxe quería traballar un pouquiño de lectoescritura. Como idea para facer todos xuntos na casa, se tedes algunha caixa baleira podedes utilizala como unha CAIXA DAS LETRAS, e cada semana escoller unha e que os nenos e nenas busquen e metan dentro obxetos que atopen pola casa con esa letra nos seus nomes.

Os nenos e nenas de 4 e 5 poden facer carteliños e escribir o nome dos obxetos que atoparon coa letra que escolleron esa semana. E para as nenas e nenos de 3 anos recomendo que se a facedes, sexa primeiro coas vogais e logo coas consoantes do seu nome.

Aquí tedes un exemplo de caixa de letras por se vos serve de axuda.



Letter 'L' Alphabet Box - Teaching Mama

E por se queredes traballar un pouquño aquí vos deixo unhas fichas.

Para as nenas e nenos de 3 anos tedes este traballiño das vogais onde tedes que unir cada unha co debuxo correcto.


E para as nenas e nenos de 4 a 5 anos deixo unha na que tedes que tentar unir cada palabra co seu debuxo, para iso pensade primeiro por que sílaba comeza cada palabra, e a outra é unha sopa de letras, a ver se conseguides atopar todos os nomes de animais!!!




E xa para rematar, como sempre aquí tedes o conto de hoxe, titúlase "O cascabel da gata". Espero que vos guste moito!!!



Un abrazo moi forte para tod@s!!!




No hay comentarios: