02 abril 2020

XOVES POLAR!!!

Bo día a tod@s!!!

Chegamos ao xoves e vos recomendo que entredes no blogue de Audición e Linguaxe, xa que hoxe sempre ven a nosa escola a profe Dolores. Pulsade na imaxe e veredes cantos xogos de palabras e sons nos propón a mestra, seguro que vos encanta e o pasades xenial!!!

AUDICIÓN  E  LINGUAXE

E non me pode esquecer de que todos os xoves temos a sorte de ter inglés, así que entrade no blogue da teacher que vos propón un montón de cousas sobre a pascua e tedes unha historia moi chula na que a protagonista seguro que a coñecedes todos!!!


Imos continuar agora con varios xogos de repaso dos animais que viven nos polos e que traballamos neste trimestre. Anímadevos a xogar que seguro que vos gusta!!!

Primeiro comezamos cun memory ao que podedes xogar tod@s!!!atopade as parellas de animais dos polos o antes posible!!!
No seguinte xogo tedes que intentar ler os nomes dos animais e unilos coa súa imaxe. Aos nenos e nenas de tres podemos axudarlles léndolles os nomes e que eles e elas os unan ao animal correcto.





E por último un xogo para os de 4 e 5. E moi parecido ao aforcado, que tamén sei que vos gusta moito. Probade a completar os nomes dos animais antes de que se agoten os intentos!!!



E como traballo en papel, hoxe propoño unhas fichas moi sinxelas das formas xeométricas.Neste caso todos e todas podedes facer as tres fichas. na primeira teredes que repasar e completar a figura que falta, na segunda colorear o debuxo da cor que lle corresponde a cada forma xeométrica e na última completar a taboa coa figura e cor que corresponda.




Para rematar, vos deixo como todos os días o conto para ver en familia. Hoxe escollín "A casa da mosca Chosca" un conto moi divertido que espero vos guste moito!!!




Un abrazo moi grande!!!

No hay comentarios: