Comezamos outro mércores mais e hoxe a profe Marisol mandou este conto tan bonito que se titula "¿qué es el amor?" e unha fichiña para facer moi sinxela sobre o conto.
Como é mércores o traballo que vos deixo a continuación é sobre lóxica-matemática.
Para os nenos e nenas de 3 anos tedes esta ficha sobre o concepto "moitos-poucos".
Para os de 4 e 5 anos deixo dous traballos, un de sumas sinxelas e outro de serie numérica e conteo.
Se hoxe estivéramos na escola teríamos a nosa hora de bibliotecaco. Entrade no seu blogue e veredes como a profe Eva vos conta un conto precioso que xa coñecemos: "¿De qué color es un beso?".
Ademais, como mañá é o día do libro, dende a biblioteca nos propoñen facer un debuxo sobre o noso libro favorito e que enviedes a foto a este correo: bibliocraber@gmail.com. Despois se publicarán no blogue!!! Animádevos!!!
Os mércores tamén é un dos días que temos Ed. Física có profe Ricardo, recordade entrar no seu blogue e mover un pouco o corpo con todos os xogos que propón cada día.
E como xa levamos moitos días na casa, aquí tedes un video de yoga para momentos nos que precisamos relaxarnos un pouquiño e que podedes facer todos xuntos.Seguro que pasades un bo rato!!
Xa para rematar como conto para ver en familia deixo "Pájaro amarillo" onde se reflexan valores como compartir, cuidar o noso planeta e o valor da amizade.
Un abrazo moi grande para tod@s!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario