Hoxe comezaríamos o día tendo música, así que deixóvos un videos musicais que nos deixo a mestra María no seu blogue super chulos.No primeiro podedes ver galopan os cabalos ao ritmo de Rossini, e no outro podedes ver facendo das súas a un personaxe que seguro coñecedes.
Se queredes ver todas as cousas chulas que nos vai deixando a mestra María, pulsade na imaxe e xa veredes que ben o pasades e canto aprendedes!!!
Xa que é martes, imos facer unha experiencia moi chula na que imos facer unhas trompas de elefante de espuma.
Para conseguilo ides necesitar estas cousiñas que seguro que tedes por casa:
-Unha botella de plástico baleira.
-Un poco de xabón para lavar os pratos.
-Unha toalla pequena o pano de cociña.
-un pouco de auga nun recipiente.
-unha goma ou algo para amarrar o pano ou a toalla.
Se non tedes botella de plástico baleira, tamén o podedes facer cun embudo.
Aquí tedes o video onde nos explican como facelo. Probade, vos vai encantar!!!
Despois de facer as vosas trompas de elefante podedes facer a súa ficha. Aquí vos deixo unha mais sinxela, onde só hai que facer os debuxos, e outra na que tedes que intentar escribir os nomes das cousas que precisamos.
E para rematar, aquí tedes o conto de hoxe para ver en familia. Titúlase "El ratón que se comió la luna". Espero que vos guste moito!!!
Un super abrazo para tod@s!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario