23 abril 2020

DÍA DO LIBRO!!!

Ola a tod@s!!!!

Hoxe é un día moi especial no que celebramos a importancia dos libros nas nosas vidas. Cos contos podemos viaxar a lugares máxicos e coñecer persoaxes moi especias que douta forma non poderíamos.

Mais que nunca, aproveitade e visitade o blogue da biblioteca para desfrutar de tódalas historias maravillosas que ahí tedes!!!seguro que hoxe hai algo especial!!!

Bieito ten máis contos. Descúbreos

Como idea para facer vos deixo plantillas de marcapáxinas para que escollades algún e o decoredes libremente, e un video onde nos explican como facer uns marcapáxinas moi especiais para facer en familia, son moi divertidos e chulísimos.







Como é xoves, na escola tocaría estar coa teacher Cova. Para que a poidades ver e sentir que está mais preto de vós, pulsade na imaxe e mirade que conto tan bonito vos deixou onte contado por ela!!! 



Ademais tamén me gustaría que entredes no blogue da profe Dolores, ten xogos chulísimos onde podedes traballar o son de diferentes letras e por exemplo, onte propoñía xogar a facer parexas lóxicas. Deixo o enlace na imaxe, animádevos, hai un montón de cousas chulísimas!!

AUDICIÓN  E  LINGUAXE

E despois de tantas cousiñas, que mellor maneira de despedirnos hoxe que cun conto. Como é un día especial, escollín un dos meus contos favoritos, Titúlase "Frederick" e é precioso, onde o protagonista nos mostra a importancia das cousas pequenas para ser felices. Espero que vos guste moito!!!



Sobre este conto tan chulo, deixo dúas actividades por se as queredes imprimir e facer. Nunha tedes que resolver o laberinto e na outra recortar e pegar as tres imaxes correctas.




Un abrazo moi forte para tod@s!!!! estou moi orgullosa de vós e do ben que o estades facendo na casa!!!!





No hay comentarios: