16 abril 2020

HOXE, UN POUQUIÑO DE LETRAS!!!

Bo día a tod@s!!!

Hoxe xa é xoves e como tocaría inglés, vos deixo a imaxe do blogue para que entredes. Veredes que a teacher Cova deixou un video moi especial para tod@s!!! Ademais tedes unha clase de zumba super chula para facer na casa todos xuntos cunha canción moi de moda!!!Animádevos!!!


Imos continuar cun pouquiño de lectoescritura. Hoxe decidín traballar a conciencia fonolóxica e escritura de palabras para os mais maiores.

Como traballo en papel vos propoño as seguintes actividades.

Para os de tres anos deixo unha ficha onde os nenos e nenas teñen que atopar os debuxos que comecen polas diferentes vogais.


E para xogar un pouquiño coas vogais deixo un xogo de relación.Seguro que vos gusta!!


Para os maiores de 4 e 5 anos tedes dúas fichas. Na primeira tedes que atopar a imaxe que comece pola sílaba que vos marcan, e na segunda tedes que ler e escribir a palabra correcta.


E tamén vos deixo un xogo no que tedes que escribir o nome dos debuxos que aparecen, seguro que podedes!!!



Para rematar hoxe escollín un conto que xa coñecemos e que nos gustou moito cando o contou na escola a profe Eva. O título é " El cocodrilo al que no le gustaba el agua". É un conto que me gusta moito, no que se traballa a autoestima, o respeto polas diferencias e a superación persoal.



Moito ánimo a tod@s!!!un abrazo moi grande!!





No hay comentarios: