24 abril 2020

OUTRA SEMANA MAIS QUE REMATA!!!

Ola a tod@s!!!!rematamos outra semana e só podo pensar en que xa queda menos para que todo volva un pouquiño á normalidade!!!

Como é venres e temos Ed. Física, imos mover un pouquiño o corpo cos xogos e contos motrices que nos propón o mestre Ricardo no seu Blogue.

Aquí tedes un video super marchoso que o profe puxo no seu blogue e no que pasaredes un rato moi divertido en familia!!


E para relaxarnos despois de tanto movemento tentade facer estas posturas sinxelas de ioga!!!



Despois de tanto exercicio se queredes podedes facer estas actividades de lectoescritura.

Para os nenos e nenas de 3 anos deixo esta ficha na que teñen que localizar o seu nome e logo facer un debuxo de si mesmo.


E para as nenas e nenos de 4 e 5 anos, dous traballiños, un no que teñen que escribir o nome das imaxes, e unha sopa de letras na que deben atopar as palabras que aparecen.


Despois de tanta letra,vos deixo un xogo de memoria, onde tedes que emparellar a cada cría coa súa familia. Espero que vos guste moito. 






E como todos os días, rematamos cun conto para ver todos xuntiños en familia. Hoxe elexín "Chocolata" unha historia sobre unha hipopótama moi simpática.


Que pasedes un moi bo fin de semana!!! un super abrazo para tod@s!!

No hay comentarios: