17 marzo 2020

UN POUCO DE MATES!!!

Bos días a tod@s!!!
Hoxe vos propoño algunhas suxerencias para traballar a lóxixa-matemática cos nenos e nenas na casa.O final deixo algúns traballos que podedes imprimir se o considerades útil para que fagan estos días.

Acticividades para traballar a lóxica-matemática:

-Contar obxetos habituais: froita, xoguetes, pezas de xoguetes...
-Buscar números en contos, xornais, revistas, etiquetas...
-Contar cara adiante (ata onde poidamos) e cara atrás.
-Xogar a xogos de mesa como a oca, o dominó a baralla de cartas ou outros que poidades ter na casa.
-Construir quebracabezas.
-Falar da cor das cousas.
-Clasificar obxetos según a súa forma, cor, tamaño, textura...
-Marcar números de teléfono para chamar a familiares ou amig@s.
-Xogar con xogos de construcción.
-Traballar sobre o calendario a data, tal como facemos habitualmente na escola. Contar cantos días quedan para...(Un aniversario, para que chegue o día do pai, para que sexa domingo...)
-Realizar sumas sinxelas de forma manipulativa con obxetos cotiás como pinturas, legumes,froita...

Para os nenos e nenas de 4 e 5 aquí tedes estos traballos por se alguén quere imprimilos e facelos con eles.



E para os nenos e nenas de 3 anos aquí tedes tamén dúas ideas sinxelas de traballo que poden realizar estos días.


Para repasar os números do 1 ao 10 e as formas xeométricas podedes usar estes videos do Mago Ta Ta-Ta TA que lles gustan moito.




Espero que todo isto vos sexa de axuda, mañá poñeremos algún conto e falaremos da lectoescritura.

Antes de despedirme deixo o enlace ao novo blogue de Orientación do noso CRA, animádevos a entrar nel atoparedes unhas suxerencias e pictogramas para organizar o horario na casa estes días cós nenos e nenas.


Despídome por hoxe de to@os, un abrazo moi grande para os nenos e nenas de Carrio. Tentarei que as próximas publicacións non sexan tan longas!!!