Hoxe imos ver algunhas actividades sinxelas que podemos realizar en casa para traballar o inicio á lectoescritura, ao igual que onte no final da entrada incluirei algunhas fichas para imprimir por se vos son de utilidade.
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR O INICIA Á LECTOESCRITURA:
-Buscar letras nos contos, nos xornais,nas revistas...
-Xogar a adiviñar que pon, como se escribe...
-Escribir a lista da compra.
-Xogar a dicir palabras que empezan por unha determinada letra.
-Contar as letras que ten unha palabra.
-Recortar letras para construir o nome ou outras palabras.
Un aspecto moi importante da lectoescritura e a linguaxe e a LECTURA DE CONTOS, é moi importante que lles leades contos e que eles nolos "lean" a nos. A continuación deixo un enlace a "Os Chivos Chivóns" para ver en familia, tentarei deixar un conto cada día.
Actividades que podedes imprimir para nenos e nenas de 3 anos.
Actividades para os nenos e nenas de 4 e 5 anos. Importante que o intenten eles sós primeiro. Tedes unha plantilla na que cada día poden escribir unha ou dúas palabras que eles escollan tal como facemos nas rutinas de aula.
Espero que vos sexa de axuda para facer mais levadeiro os días na casa. O próximo día poñeremos algunhas ideas de manualidades que podedes realizar en casa e outro conto mais para ver en familia.
Un abrazo moi grande para tod@s!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario