Xa que durante uns días non poderemos ir á escola, cada día intentaremos ir deixando ideas e propostas de actividades para facer mais levadeira esta situación, que esperemos acabe o mais pronto posible.
Bieito deixounos unha mensaxe no blogue da BIBLIOTECA.
Dende o blogue de AUDICIÓN E LINGUAXE nos propoñen uns xogos de estimulación oral moi divertidos.
Dende TICS, tedes un PADLET colaborativo, no que atoparedes contidos relativos ao proxecto deste curso.
E tamén no blogue de ENGLISH, CONVIVENCIA tedes o traballado nas últimas semanas.
Como idea para facer esta semana tedes a continuación un video cun experimento moi sinxelo co que podemos explicarlle aos nenos a importancia de lavarnos as mans. Para facelo só precisades un prato, auga, xabón e pementa.
Podedes explicarlle que a pementa é coma se fose o Coronavirus e que vexan que ocorre cando meten o dedo sen e con xabón.
Unha vez á semana publicarei un experimento por se queredes facelo cós nenos e nenas na casa.
Ademais, prepararei material imprimible de lectoescritura e lóxica matemática, propostas de contos, xogos e manualidades para tentar que todos estes días sexan mais levadeiros.
Moito ánimo a tod@s!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario