Bos días a tod@s!!!cada día queda un pouquiño menos para que nos vovamos a ver!!!
Aproveitando que hoxe comeza a primavera e que seguro que precisamos ao longo do día relaxarnos e ter momentos de calma, deixo 3 mandalas (dous mais sinxelos e un mais complexo) desta estación que están xenial cando precisamos calmarnos e aos nen@s lles tranquiliza un montón colorealos.
Tamén como suxerencia, deixo un traballo imprimible da primavera onde teñen que colorear as imaxes relacionadas coa estación que comeza. Os de 4 e 5 anos poden intentar poñer o nomes dos debuxos que pinten.
Pensade que todas estas actividades que vos deixo son voluntarias e pensadas como recurso para axudar dentro da rutina diaria cós nen@s na casa,non vos agobiedes se as facedes ou non, o importante e que levedes estes días o mellor que poidades, con tranquilidade e intentado desfrutar dos momentos xuntos o máximo posible.
Na seguinte imaxe tedes un montón de ideas de manualidades bonitas e sinxelas que podedes facer na casa.
E para rematar, xa vos comentei que cada día tentaría poñer un conto para que o poidades ver en familia. Hoxe deixo "A cebra Camila", espero que vos guste moito a tod@os!!!
Despídome por hoxe. Bo fin de semana!!!!Un abrazo moi forte para todos os nenos e nenas!!!!
2 comentarios:
De nuevo muchas gracias para mí es toda una ayuda estás fichas cuidaros mucho mucho
Muchas gracias por tus palabras, no hay nada que agrader. Solo intento facilitar un poco las cosas, lo que sea que necesiteis o en lo que os pueda ayudar, aquí estoy!!Mucho ánimo y cuidaros mucho!!!
Publicar un comentario