Hoxe imos propoñer seguir traballando a lóxica-matemática, e aproveitando a primavera os traballos para imprimir que vos deixo terán relación coa estación na que acabamos de entrar.
Para os nen@s de 3 anos, deixo unha ficha de conceptos básicos, neste caso enriba-abaixo. E outra na que traballaran o conteo. Lembrade traballar o conteo nas cousas mais habituais da casa, como cantos platos temos que poñer na mesa, cantas servilletas, cantas croquetas fixemos hoxe para cear...
Para os nenos de 4 e 5, hai un traballo de sumas de descomposición do 10, teñen que contar os pétalaos mais oscuros e poñer o número, logo os pétalos brancos e por último poñer o total. A outra é de relación de cantidade e número.
Para traballar os número de xeito mais lúdico, tedes a continuación unhas imaxes con enlaces a xogos educativos matemáticos. Espero que vos guste e vos sexa de axuda.
E rematos o blog de hoxe có conto do día para ver en familia. Neste caso é "Cocorico" e que pulsando na imaxe iredes ao blog da biblioteca do cole onde o venres a profe Eva puxo o video deste conto e ademais ideas de manualidades moi chulas que podedes realizar cós nen@s sobre o mesmo.
Espero que tod@s estedes ben. Oxalá nos poidamos ver pronto e comezar coas nosas rutinas habituais.Un abrazo moi forte!!!Mañá un pouco de ciencia en casa!!
2 comentarios:
Bo día!
Que ben están as actividades propostas!
Nós quedamos sen tinta na impresora (que inoportuna), pero recollemos as ideas e traballámolas igual con outros materiais.
E os vídeos dos contos teñen moito éxito por aquí!
Moitas grazas polas ideas aportadas.
Moito ánimo.
Un saúdo. Vanesa, mamá de Paula.
Moitas gracias Vanesa!!alégrome moito de que vos sexa de axuda.
Un abrazo moi forte para Paula!!!
Estou aquí para o que precisedes. Moito ánimo!!!
Publicar un comentario