Felicidades a todólos pais!!!seguro que este ano o 19 de marzo, aínda que só sexa polas circunstancias, será mais especial que outro ano calquera.
Hoxe, aínda que non o pareza, é un día festivo e non temos que traballar, pero quero compartir con tod@os un conto moi chulo ilustrado por un debuxante de Barcelona, que podedes ver estes días no que nos explica moi ben o motivo polo que temos que quedar na casa.
Premendo na imaxe veredes esta bonita historia para contar en familia, e poderedes imprimila para que os nenos e nenas decoren as ilustraciós do conto . Para os mais maiores (4 e 5) inclúe unha folla de rexistro na que poden escribir cousas que van facendo cada día e que está xenial como rutina diaria.
Ademais deixo un enlace con ideas e xogos para entreter aos nenos e nenas na casa que seguro que xa volo mandaron por algunha rede social.
Despídome por hoxe. Desfrutade moito deste día!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario