24 marzo 2020

MARTES DE CIENCIAS!!!

Bos días a tod@s!! hoxe tentaremos seguir un pouco a rutina de todos os martes na escola e falaremos dun experimento super sinxelo que podedes facer na casa e dun xogo que tamén podedes elaborar facilmente e pasar un bo rato.

Comezamos cun pouco de música, porque xa sabedes que os martes temos a sorte de que ven á escola a profe María a poñer un pouco de ritmo. por iso vos invito a que pulsedes na seguinte imaxe e desfrutedes das propostas musicais que alí vai poñendo a profe.

Mi foto


Vamos xa co experimento da semana. Neste caso, é moi sinxelo e só precisades unha bolsa transparente (tipo das que utilizamos para conxelados), lápices de madeira  redondos ben afiados e auga para encher a bolsa.

En primeiro lugar encheremos a bolsa de auga e a pecharemos ben. Logo lles preguntaremos aos nen@s que creen que ocurrirá se atravesamos a bolsa cos làpices. A súa resposta, de maneira xeral, será que a auga comezará a sair. Unha vez digan a súa teoría é o momento de que intenten atravesar a bolsa cós lápices e que descubran o que pasa.

Aquí vos deixo un video onde se ve moi ben como realizar o experimento. Espero que vos animedes a facelo e moi sinxelo e chamativo.




Se facedes o experimento vos deixo a ficha sobre os materiais que utilizamos.

Para os nenos e nenas de 3 anos é a seguinte ficha:

E para os de 4 e 5 anos a seguinte imaxe:
Como xogo para facer na casa vos deixo esta idea tan chula na que precisades unha cartulina ou folio, pegamento, unha boliña de papel aluminio e unha palliña.Con todo esto imos facer o xogo da "pelota que flota". É moi sinxelo e aos nen@s vailles gustar moito. Se lle dades á seguinte imaxe podedes ver un video de como facelo. Espero que vos guste!!!



Para rematar, como todos os días, deíxovos un conto para ver en familia, neste caso "A que sabe a lúa?". Espero que vos guste moito. un abrazo moi grande para tod@s!!!Ata mañá!!








No hay comentarios: